Este ano imos a participar nunha actividade nova chamada O FARO DA ESCOLA, que nos ten moi ilusionados porque imos a realizar nós o noso xornal. Por mor disto, recibimos unha formación específica por parte do Faro.
Tamén poidemos desfrutar da compañía do escritor e ilustrador Anxo Fariña que nos falou do seu traballo, en especial do seu último libro "Os ecos do lume" e deleitounos cos seus debuxos.
Antes de marchar dedicounos, con moita amabilidade, unha chea de libros.