TEMPO DE NADAL

Este Nadal imos a ter no colexio unha visita moi especial, imos a recibir ao Apalpador.
Sabedes quen é?.....Pois para que vos vaiades enterando, podedes ler
os contos da biblio que falan del, imos facer tamén un xogo de pistas, e aquí vos van a continuación, cancións e algunha información sobre el.

http://www.oapalpador.eu/



DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DO NENO








O 20 de novembro de 1959, a Asemblea Xeral da ONU aprobou a Declaración dos Dereitos do Neno para que no mundo se recoñecese a necesidade de respectalos. Estes dereitos son dez e están recoñecidos internacionalmente.
 Para ampliar información suxerimos os seguintes enlaces:

RECURSOS


EXPOSICIÓN DE CABAZAS

Xa temos as cabazas gañadoras da Exposición. Nesta ocasión, foron as familias cos seus votos as que decidiron cales eran as mellores cabazas.
Moitas grazas a todas as familias que participaron porque todas eran fermosísimas e destacaban pola súa orixinalidade e o ben ambientadas que estaban no tema do mar. Entre todas contribuíron a dar color e significado a estas datas tan especiais.

As cabazas gañadoras foron:
 
Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

Noraboa a tod@s!

CABAZAS INFANTIL

CABAZAS PRIMARIA
Ola a tod@s!
A biblioteca xa está funcionando e pouco a pouco iremos comezando as distintas actividades.
Os equipos de axudantes están traballando con moita ilusión na procura de que a biblioteca sexa un lugar agradable onde poidamos ler para distraernos e tamén para documentarnos.
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!

Vai dar comezo o concurso dos  DESAFÍOS MATEMÁTICOS para o que necesitamos que depositedes na urna situada á porta da biblioteca o papel co nome do equipo e dos  participantes.

Ide preparando as neuronas e... ata pronto!

Evaristo

CERTAME DE CONTACONTOS

Como en anos anteriores, celebrouse o CERTAME DE CONTOS e aquí tedes a lista de finalistas. Entre eles están os gañadores, pero non o imos decubrir porque queremos que sexa unha sorpresa para o día da entrega de premios.

CERTAME DE CONTOS





FESTA DOS MAIOS

Este ano, coma sempre, participamos na Festa dos Maios que se celebrou, tamén coma sempre, na praza da Ferraría.
Alí estivemos nais, pais, nenos/as, profes e demáis acompañantes, cos nervos a flor de pel, cansados por o traballo dos días anteriores pero satisfeitos do resultado: un maio e unha coroa moi ben elaborados e unha representación por parte dos rapaces, moi ben feita.
O resultado acadado foron dous premios: un terceiro premio en interpretación e un segundo premio na coroa que nos levantou o ánimo e nos deu pulo para seguir nesta liña e continuar participando.
 Está claro que esta actividade, por a complexidade que supón,  non se podería realizar sen a colaboración das familias, que estiveron presentes en todo momento, tanto na recollida de materiais como na elaboración do maio e da coroa, por iso, desde aquí, queremos enviarlle o noso agradecemento:
                                                            
 Sodes un grupo de nais/pais extraordinario.

 GRAZAS   a tod@s!




VIDEO MAIO




Visit My Photos - 25 Pics



maio 2015

CONCURSO DE CONTACONTOS

Onte, día 27, rematamos o Concurso de Contacontos que como sabedes tivo dúas fases, a primeira na propia aula e a segunda, para todos os finalistas, na biblioteca.
Todos os que puideron asistir, profesores e alumnos, desfrutaron moitísimo e dende aquí temos que felicitalos a todos/as porque o fixeron de marabilla e resultou moi difícil elexir aos gañadores.

FINALISTAS DA PRIMEIRA FASE:

1º Nivel:
Marcos Castillo
Hermela Rodríguez
Claudia Rodríguez

2º Nivel:
Jorge González
Iván Vázquez
Lucas Vázquez

3º Nivel:
Lucía Hermida
Irene Rodríguez
André Martín

4º Nivel
Javier Leiva
Martina Goitia
Sabela Rivas
Bruna Maia

5º Nivel
Lucas Taboada
Clara Tembrás
Lidia Barba
Carolina Azevedo

6º Nivel
Ana González
Sara Rodríguez
Elva carracedo

GAÑADORES :

1º curso: Hermela Rodríguez
2º curso: Jorge González
3º curso: André Martín
4º curso: Bruna Maia
5º curso: Clara Tembrás
6º curso: Sara Rodríguez

A entrega de premios terá lugar a finais de maio.

Noraboa a tod@s!






































AS MULLERES MATEMÁTICAS

O martes, 10 marzo, celebramos no colexio o Día da Muller, que este ano adicámosllo ás mulleres matemáticas.
 Logo dunha investigación nas distintas aulas, o alumnado expuso os seus traballo sobre a muller matemática elexida, desde Infantil ata sexto, a modo de noticia e utilizando un formato dixital.
Os traballos son os seguintes:

MULLERES MATEMÁTICAS

https://drive.google.com/file/d/0B3qJU_VEzW4XU2J4RjAxU1dpbW8/view?usp=sharing 








DÍA DA MULLER TRABALLADORA



Proposta do Equipo de biblioteca , Equipo de Dinamización Lingüística  e complementarias.

Obxectivos:

  • Coñecer as aportacións realizadas á ciencia e ás matemáticas das mulleres ao longo da historia
  • Investigar por cursos a unha muller matemática
  • Presentación e exposición  en formato dixital  da investigación realizada por curso
  • Reflexionar sobre a situación social da muller: familia, contorno…
  • Valorar a importancia da igualdade de oportunidades entre os homes e as mulleres
  • Reflexionar sobre o respecto nas relacións humanas

Lecturas aconselladas:



 Películas :
  • Brave
  • Billy Elliot
  • Quiero ser como Beckham
  • Sorkunde a casa da igualdade



ENTROIDO GALIFORNIANO 2015

Bo día en troideiros e entroideiras!
Xa temos recén saídas do forno as fotografías deste último Entroido, como podedes ver, pasámolo moi ben.
Fostes moi orixináis e imaxinativos á hora de elaborar os vosos disfraces inspirados na California americana.
O colexio encheuse de vaqueiros/as, indios/as, estrelas do cinema, animadoras, hippies, rapeiros ou surfeiros.
Houbo unha grande participación pola vosa parte nas actividades que se organizaron para o día; degustamos hot-dogs, sacamos moitas fotos no photocall, plantamos estrelas no Paseo da Fama, xogamos ao basseball e rematamos a festa co gran Concurso de Baile.
Desfrutade da seguinte recopilación de fotos:

FOTOS
FOTOS MERENDA
ENTROIDO-1
ENTROIDO-2
ENTROIDO-3
ENTROIDO-4

TRABALLAMOS A PAZ DENDE A TOLERANCIA


 
30 de Xaneiro 2015, Día da Paz





PAZ=TOLERANCIA




Obxectivos



  • Coñecer o significado da data.

  • Investigar e coñecer a figura de Malala (Último premio Nobel pola Paz)

  • Educar para a Paz e a Tolerancia



Actividades a desenvolver:



  • Pequeno traballo de investigación sobre Malala

  • Os alumnos crearán o seu propio poema relacionado co tema (paz=tolerancia) estes recolleranse o día 28 de xaneiro e colgaranse no mural POEMAS POLA PAZ. O formato do poema será un cuarto de folio.

Cada aula seleccionará un poema e o poema seleccionado quedará na aula para ser lido en voz alto o día da celebración.

  • O alumnado debuxará a silueta da súa man e escribirá unha acción relacionada coa tolerancia que se pegará no mural PAZ=TOLERANCIA



Acto do Día da Paz

  • Presentación e pequena exposición sobre o significado desta data.
  • Lectura dos poemas seleccionados por aulas.
  • Composición dun mural coas siluetas das mans
  • Escenificación da canción:

     Somos unha marea de Xente (MACACO)


RECURSOS:

COMIC MALALA

WEB QUEST MALALA

OUTROS ENLACES 


Este venres, 30 de xaneiro, celebramos o Día da Paz lembrando a Malala, recitando poemas, facendo o mural das mans e cantando "Somos unha marea de xente". Entre todos fixemos posible un acto que resultou moi fermoso.

FOTOS

TEMPO DE NADAL



Nestes días, a biblioteca recolleu unhas cartas moi especiais, porque nelas non pediades nada material, dirixidas aos Reis Magos, que recopilaremos nun libro para que todos/as as poidades ler.
Aquí tedes unha pequena mostra.