O NADAL


Xa están aí as vacacións de Nadal e dende a biblioteca, querémosvos desexar unhas boas festas con moita ledicia, paz, amor... e mooooitos, mooooitos libros, e... para poder elexir mellor, Evaristo fai a seguinte selección:


O DÍA 10 DE DECEMBRO: DÍA DOS DEREITOS HUMANOS


O DÍA 10 DE DECEMBRO CELÉBRASE O DÍA DOS DEREITOS HUMANOS

A promoción e protección dos dereitos humanos foi unha das maiores preocupacións para as Nacións Unidas desde 1945, data na cal os países fundadores da Organización, acordaron impedir que os horrores da Segunda Guerra Mundial se reproduzan.

Tres anos despois, na Declaración Universal dos Dereitos dos Humanos, a Asemblea Xeral expresou que o respecto aos dereitos humanos e á dignidade da persoa humana "son os fundamentos para a liberdade, xustiza e paz no mundo". En 1950 a Asemblea Xeral convidou a todos os Estados membros e ás organizacións interesadas a que observasen o 10 de decembro de cada ano como Día dos Dereitos Humanos.

Co Día conmemórase o aniversario da aprobación da Declaración Universal dos Dereitos Humanos pola Asemblea Xeral en 1948. Co transcurso do tempo, desenvolvéronse un conxunto de instrumentos e mecanismos desenvolvidos para asegurar a primacía dos dereitos humanos e para facer fronte ás violacións dos dereitos humanos dondequiera que ocorra


Se queres buscar máis información, preme na imaxe.

http://www.un.org/es/rights/


Proposta de traballo nas aulas. 

Traballar os dereitos humanos do 16 ao 20 de decembro segundo o seguinte reparto, e elaboración dun cartel que será exposto oralmente ao resto do colexio

            Dereito nº 1: Todos nacemos libres e iguais..- 1º curso
            Dereito nº 2: Todos somos iguais ante a lei.- 6º curso
            Dereito nº 3: Dereito á vida.- 5º curso
            Dereito nº 4: Ninguén estará sometido a esclavitude.- 6º curso
            Dereito nº 11: Somos sempre inocentes ata que se demostre
            que somos culpables.- 6º curso
            Dereito nº 17: Dereito ás túas propias posesións.- 5º curso
            Dereito nº 18: Dereito á libertade de pensamento.- 4º curso
            Dereito nº 25: Dereito a comida e casa para todos.- 2º curso
            Dereito nº 26: Dereito á educación.- 3º curso

            Recursos educativos:

           Videos recomendados (están na biblioteca ):

         Kirikú y la bruja1º ciclo

         Anni2º ciclo

         Billy Elliot3º ciclo