A nosa esperada biblioteca

Ola a tod@s!
Que tal empezastes o curso?
Estou desexando que a biblioteca se abra porque teño moitas ganas de vervos.
Os profes din que xa falta pouco, que antes teñen que colocar todos os libros nos estantes e retirar os que estean vellos, pero eu cánsome de tanto esperar.
Polas noites, fártome de voar polos corredores acarrexando libros, os máis pequenos, por ver de rematar canto antes este trasiego.
Mentres, non vos esquezades de publicar no blog os comentarios dos libros que vaiades rematando.
Unha aperta moi grande!!!!

Evaristo