CERTAME DE CONTOS

                            
Convócase o  XVI  CERTAME DE CONTOS en galego que, como xa sabedes, ten tres categorías.
A entrega de premios farase o 16 de maio, e os contos que acaden o 1ºpremio de cada categoría, serán publicados na revista escolar Froebel.
 
Agardamos a túa participación!!!

II CONCURSO DE LECTURA


Á volta das vacacións de Semana Santa levaremos a cabo o II Concurso de Lectura en voz alta.
Terá dúas fases. Na primeira, que terá lugar do 8 ao 12 de abril, farase unha selección de participantes a nivel de aula e os textos elixidos serán libres: un narrativo e un poético, un galego e outro en castelán.images4
Na segunda fase, que terá lugar do 15 ao 20 de abril, seleccionarase un gañador/a por cada nivel e os textos serán propostos polo xurado.
Os/as alumnos/as p remiados/as recibirán un agasallo que se lles entregará o día 22 de abril.
 
ÁNIMO E A PARTICIPAR!!!
 


FESTA DO MAIO

 
Un ano máis, imos participar na Festa dos Maios.
Todos e todas podedes participar compoñendo coplas. Durante o mes de abril faremos unha selección e comezaremos os ensaios para estar a punto o día primeiro de maio.
Necesitamos a vosa colaboración.                        DSCN0659
Ánimo!!!