SAÍDA AOS BOMBEIROS

O alumnado de 1º e 2º de visita aos bombeiros, aprendendo cousas moi interesantes e pasándoo estupendamente.

FOTOS

APADRIÑAMENTO LECTOR

Onte tivo lugar no colexio, por mor do Día do Libo, un apadriñamento lector. Cada alumno/a de 5º e 6º curso preparou un conto para llo ler ao seu afillado/a. Coma sempre, resultou esta actividade moi interesante e enriquecedora, tanto pola lectura en si, coma pola relación establecida entre os rapaces.
 Aquí tedes unha pequena mostra.

FOTOS

CARTAFOL DO LÉREZ

O martes, 12 de abril, rematou a segunda sesión do CARTAFOL DO LÉREZ, que como xa sabedes trátase dunha actividade creativa, e coma sempre estivo moi . Máis adiante veremos as publicacións que a revista fai coas narracións de todos os colexios.

FOTOS

EXPOSICIÓNS ORAIS

Nesta semana están tendo lugar as exposicións orais dos traballos realizados por todos os cursos entorno a Personaxes do mar. PIRATAS E NAVEGANTES
Para a exposición oral, cada curso realizou o seu lapbook e aquí tedes unha mostra.
Noraboa a tod@s!

EXPOSICIÓN INFANTIL

EXPOSICIÓN 1º CURSO

EXPOSICIÓNS OUTROS CURSOS


23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO

Este ano celébrase o IV CENTENARIO da morte de Miguel de Cervantes e de William Shakespeare, considerados os mellores escritores da literatura universal.
A nosa biblioteca propón as seguintes actividades:

·        Mural colectivo que se formará coas respostas á pregunta:
Que é un libro para ti? A plantilla facilitarase dende a biblioteca.
·        Visionado das películas:
“Los fantásticos libros voladores” (o mellor corto do mundo para fomento da lectura).
·        Acrósticos cos títulos das obras de Miguel de Cervantes para expoñer nun mural colectivo
·        Apadriñamento lector do alumnado de 5º e 6º curso o xoves,  21 de abril.
·        Evaristo agasalla cun marcapáxinas conmemorativo do IV da morte de Cervantes e Shakespeare.


Recursos didácticos e lecturas aconselladas

·        El libro que se sentía solo
·        O peixe vermello
·        As peripecias de Extravaganzza Pérez
·        O ladrón de palabras
·        A historia  do can que caeu no tinteiro
·        Adaptacións do Quixote
·        Páxina educastur: el Quixote




SALÓN DO LIBRO

Hoxe visitamos o Salón do Libro e para iso puxémonos en camiño en tres grupos:
 Infantil de 5 anos e 1º curso ás 9:15 horas; 2º, 3º e 4º curso ás 9:25 horas e 5º e 6º curso ás 9:30 horas.
Unha vez alí repartíronnos por diferentes talleres de debuxo, modelado...  todos eles moi interesantes e creativos; puidemos observar os traballos realizados, tamén o noso, e volvimos ao colexio ás 12:10 horas para incorporarnos ás aulas logo dun pequeno recreo.

FOTOS