Boas, familias,
Arrancamos o novo curso! Logo de coller folgos no verán,
volvemos con enerxía e ledicia, un ano máis. O noso cole está precioso,
luminoso, espacioso…da moito gusto recoñecer os recantos de sempre con outra
mirada, que nos fan sentir mellor que nunca, renovados e actualizados.
E como non, Evaristo danos a súa benvida o seu día grande, o 24 de Outubro, día das Bibliotecas Escolares, onde celebramos un ano máis,
compartindo un agasallo cos nosos e nosas compis do cole. Un marcapáxinas personalizado
por nós, para lembrar este día, ao tempo que lemos a nosa nova aventura!
Aquí temos a mensaxe para que a escoitedes. Saúdos!
















