cartas a Evaristo



Ola a tod@s!
Xa recibín algunhas cartas e teño que dicir que me gustaron moitísimo. Eu tamén vos desexo un Bo Nadal e mándovos moitos bicos.
Evaristo

                                              Esta carta é de Ana G. de 4º curso.

                                            Esta carta é de Sara, Minia e Xulia de 4º curso tamén.

Esta carta é de Gabriel F. de  4º.

Esta carta é de Clara de  4º.




Carta aos Reis Magos

Na semana do 10 ao 14 de decembro, tedes que escribir unha carta moi fermosa aos Reis Magos.  Nesa carta non se poden pedir cousas materiais coma xoguetes ou roupa, senón...
As mellores cartas publicaranse no blog.
Ánimo e a escribir!

APADRIÑAMENTO LECTOR

O venres, 30 de novembro, rematou o Apadriñamento Lector deste trimestre. Estamos moi satisfeitos do resultado. Os cursos que participaron foron 5º e 6º de E.Primaria que apadriñaron aos alumn@s de E. Infantil.


25 de novembro, Día Internacional da Igualdade de Xénero

Por mor da conmemoración do Día Internacional da Igualdade de Xénero, Evaristo aconsella estas lecturas:
"Rosa Caramelo" e "El príncipe Ceniciento"




No dejes para mañana lo que puedas hacer hoy

Apadriñamento Lector

 Imos comezar este curso co Apadriñamento Lector, que como xa sabedes, consiste en que cada alumn@ de 3º ciclo apadriñe a un alumno/a de Educación Infantil para lerlle, contarlle un conto ou unha historia durante o tempo de lectura.
  Esta actividade vaise realizar cada trimestre.
  A primeira lectura será:
 5º curso: o día 23 de novembro
 6º curso: o día 30 de novembro

                    ÁNIMO E QUE RESULTE DE PROVEITO!!!

CONCURSO DE LECTURA

Nos meses de abril e maio desenvolveuse o 1º Concurso de Lectura, que se resolveu da seguinte maneira:

  NIVEL: Iago Gonzàlez Varela

2º NIVEL: Miguel Pérez Longa

3º NIVEL: Sara Rodríguez Vence

 NIVEL: Pablo Rúas Fernández

5º NIVEL: Eva Rodríguez Pérez

6º NIVEL: Ana Monteagudo Cabrera

FELICIDADES A TODOS!


Lemos e escoitamos

Todos os alumnos e alumnas do colexio, a partir de segundo, en grupos de catro ou cinco,  imos  entrar nas outras clases para ler un conto. Podemos elexilo nós mesmos ou aconsellarnos co/coa titor/a ou co/coa profesor/a encargado da biblioteca.
Esta actividade terá lugar a cuarta semana de cada mes e para que resulte o máis interesante posible, convén elexir o libro axeitado e preparalo con tempo.



Actividade de lectura

APADRIÑAMENTO LECTOR


Esta actividade desenvolverase do 13 ao 17 de febreiro no tempo de lectura silenciosa. Cada alumno ou alumna de 3º ciclo apadriñará a un neno ou nena de infantil para lerlle un conto. O lugar para esta lectura pode elexirse libremente, da mesma maneira que o conto, contando sempre coa colaboración dos titores e o equipo de biblioteca.