RECOMENDACIÓNS DE LECTURA:

GUÍA DE VERÁN 2016


GUÍA DE NADAL

SAÍDA A MARISCAR

O luns e martes desta última semana do curso, viaxamos ata Moaña para complementar o noso Proxecto Documental Integrado, tomando contacto con algunhas das especies traballadas, os mariscos, puidendo observar ás mariscadoras, que nese momento extraían ameixas e navallas. Unha experiencia moi interesante e agradable porque o tempo e a temperatura da auga eran estupendos.
Saímos ás 9:30 horas e ás 10:30 horas, aproximadamente, xa estabamos na praia para comezar a nosa tarefa.
En primeiro lugar tivemos unha pequena charla e a continuación, en grupos de dez,  comezamos co muestreo, que consistiu en facer un reconto das especies atopadas nunha determinada superficie da praia. Para isto contamos coa axuda inestimable dos pais de Miguel, Eduardo e Prisca, que organizaron a actividade e nos apoiaron en todo momento, por iso, desde aquí, queremos agradecerlles a súa entrega e dedicación.
Moitísimas grazas!!!

FOTOS