VISITA INTERCAMBIO

Durante esta semana tivemos a visita  dun grupo de alumn@s da Escola Cavour de Catania e de dúas profesoras de dita escola.
Recibímolos cantando e despedímolos coa actuación do grupo "Os Alegres" , que tocaron e bailaron muiñeiras, xotas e pasodobres.
Este ano celebrámolo dun xeito especial por ser o XX aniversario desta actividade polo que tivemos a satisfación de contar coa presencia do noso inspector, do noso alcalde, da concelleira de cultura, de Teresa Couto, antiga directora e iniciadora desta actividade e dos presidentes e presidentas das ANPAS desde o seu inicio.
https://photos.app.goo.gl/cvfkcfysG1X8JcBr7

8 DE MARZO, DÍA DA MULLER


O venres, Día da Muller, ademáis das actividades realizadas nas aulas nos días anteriores, un grupo de alumnas entonaron para tod@s unhas fermosas coplas, compostas por elas, para reivindicar os dereitos de todas as mulleres.


ENTROIDO


  O venres, 1 de marzo, o CEIP Plurilingüe Froebel, saíu á rúa para celebrar o Entroido. Como este curso estase a traballar nun Proxecto Documental Integrado chamado “Consumo saudable” que engloba, entre outros temas a educación medioambiental, saímos como voluntarios de Greenpeace para nos manifestar en contra do cambio climático. Deste xeito pretendemos, ademáis de pasalo ben, concienciar á sociedade na búsqueda de solucións necesarias na procura dun futuro máis saudable e en paz.

Saímos ás 11.30 horas e percorremos as seguintes rúas: Martitegui, Praza de España, Michelena, Praza da Ferrería , para voltar do mesmo xeito.
No noso paseo fomos acompañados en todo momento dun numeroso grupo de familiares, simpatizantes e da policía municipal que en todo momento velou pola nosa seguridade.
Cando regresamos, poidemos degustar os diferentes e abundantes manxares que nos estaban agardando e como remate, festa e baile.


https://photos.app.goo.gl/HGzFV5iAiSvbxtPTA