VISITA DE RICARDO GÓMEZ

O martes 21 de maio, visitounos o autor do libro OJO DE NUBE e tivemos a oportunidade de coñecer mellor o seu traballo como escritor.

Asistiron moitas familias cos seus fill@s e queremos agradecer desde aquí a súa presencia.

           




ENTREGA DE PREMIOS

 

O día 22 de maio tivo lugar, no noso centro,  a entrega de premios ao alumnado seleccionado no Concurso de Caroutas, no Concurso de Lectura e no Certame de Contos.

Felicitamos desde aquí aos/ás gañadores/as e finalistas e animamos a todos a continuar esforzándose porque sabemos que ese é o camiño que conduce ao éxito.


O noso maio

Como xa sabedes, participamos na Festa dos maios na Ferrería e acadamos o 2º premio na categoría de coroas. Estabamos moi ilusionados porque o maio estaba moi bonito e os rapaces cantaron moi ben, pero está claro que o xurado non era da mesma opinión. De todos os xeitos, pasámolo  moi ben indo a buscar os materiais o luns pola tarde, cosendo flores o martes á mañá e confeccionando maio e coroa o martes á tarde,  "man con man",  profes, nais, pais e algúnhas antigas alumnas.


LETRAS GALEGAS

Se queres coñecer máis aspectos da vida e obra do autor homenaxeado este ano, Roberto Vidal Bolaño, podes consultar os seguintes enlaces: