PROXECTO JULIO VERNE


Este curso, aproveitando que o salón do Libro leva como título “Da ciencia á ficción”, estamos a desenvolver na escola, un proxecto de investigación sobre  Julio Verne, autor de libros como “Viaxe ao centro da terra” e iremos mostrando algúns dos materiais elaborados.

Biografía

Seguimos traballando no proxecto e xa temos moitos materiais elaborados.
Neste video podemos ver ao alumnado de sexto en pleno proceso.
https://www.dropbox.com/s/06hclhli7agb7ou/Mi%20pel%C3%ADcula%20VERNE%201.wmv?dl=0
FORMACIÓN DE USUARIOS

Estivemos realizando durante este mes a formación de usuarios na biblioteca, e organizamos actividades co obxectivo de coñecer a situación dos fondos na nosa biblioteca, algunhas normas de uso, a localización dos libros entrando na web do Meiga e a utilización do blog. Tamén lemos contos e aprendemos a realizar comentarios sobre os libros lidos.

Unha mostra da experiencia.



Ola a todas e todos!
Estou encantado de que por fin abrira a biblioteca porque así, con tantos rapaces, estou moito máis entretido.
A  propósito, os colaboradores estano facendo moi ben e o ambiente é estupendo; eu, desde a parede, entérome de todo.
Ánimo para tod@s e a seguir así.

EVARISTO