ENTREGA DE PREMIOS


Onte tivo lugar a entrega de trofeos e agasallos aos gañadores e finalistas do Concurso de Desafíos, do Certame de Poemas e do Concurso de Contacontos. Tamén recibiron diplomas todo os participantes e podemos estar moi orgullosos porque o nivel que amosaron no Contacontos foi altísimo, polo que os felicitamos a tod@s.
Bo verán e ata o vindeiro ano!

2º CERTAME DE POEMAS

Estes son os poemas que resultaron finalistas por nivel.
Pronto faremos a entrega de trofeos-
Noraboa a tod@s!

LECTURAS INTERCENTRO

Este mércores, día 5 de xuño, desprazámonos ata a praza da Ferraría e compartimos lecturas co CEIP de Barcelos.
Saímos Infantil de 5 anos, primeiro e terceiro e eles viñeron de Infantil e de quinto.
Estivemos a piques de anular esta saída pola inseguridade do tempo, pero a nosa osadía tivo premio, xa que ata luciu o sol.
Foi unha experiencia moi gratificante que pensamos repetir o vindeiro curso.

CONTOS DE MEDO


Estes relatos que, fixeron os rapaces de 2º e 3º curso, xa nolos contaron polo Samaín e fixéronnos tremer de medo. Vós mesmos podedes comprobalo..... se vos atrevedes a lelos.