20 DE NOVEMBRO. DÍA DO NENO


O Día Universal do Neno naceu da recomendación por parte da Asemblea Xeral das Nacións Unidas de establecer unha data consagrada a promover o benestar e a protección dos dereitos dos máis pequenos do planeta, A Asemblea suxeriu aos gobernos de todo o mundo  que celebrasen o Día Universal do Neno na data que cada un deles estimase conveniente, e fixou que a ONU celebraría devandito día o 20 de novembro en honra á Declaración dos Dereitos do Neno de 1959 e á Convención sobre os Dereitos do Neno de 1989. Ambos os documentos consagran os dereitos da infancia no ámbito internacional, dereitos inalienables e irrenunciables, polo que ningunha persoa pode vulneralos baixo ningunha circunstancia.
O obxectivo do Día Universal do Neno é facer recordar aos cidadáns que son precisamente os máis pequenos, os máis fráxiles ante os problemas do mundo. 
Esta data evoca a necesidade de que a infancia debe ter o dereito a unha educación, coidado e protección independentemente do lugar do mundo no que teña nacido.

Este ano, na escola, imos a traballar o nº 8:.

8.  Dereito a ser o primeiro en recibir axuda en caso de desastre



UNICEF España asegurou que a situación dos nenos nas zonas máis afectadas polo tifón Haiyan en Filipinas é terrible porque están sen nada. O máis necesario é a auga e os medios para evitar enfermidades. Aínda se descoñece o número de nenos e nenas que finaron.






Unha boa nova


A semana que vén, inauguraremos a nosa  biblioteca e, como vos podedes imaxinar, hai unha morea de novidades, pero a máis importante é, sen dúbida, que temos......

                                               Moitos libros novos!!!

Comezaremos tamén coa formación de usuarios,  e para iso, todos os cursos pasarán pola biblioteca para coñecer como están organizados os fondos e ... como non? algunhas normas básicas para o seu uso.
Lémbrovos que podedes vir á biblioteca sempre que queirades  e non vos esquezades do carnet se queredes levar algún libro.
Se aínda non tedes o marcador listo, bulide a preparalo e....

                    Contamos con tod@s!!!!