RECOMENDACIÓNS LECTORAS DE VERÁN

 Deixámosvos unhas recomendacións lectoras para o verán, e agardamos que teñades unhas boas, divertidas e lectoras vacacións, que abrades moitos libros, que aprendades moitas cousas e viaxedes a moitos lugares, e lembrade que, como dixo Walt Disney unha vez, nos libros hai mais tesouros que en todo o botín dos piratas da Illa do Tesouro. 

Feliz Verán! 



DÍA DO LIBRO

Tal e como di o refrán, en Abril, augas mil, así foi como pasou na nosa celebración Do día do Libro. Estabamos preparados para pasar unha xornada de lectura na Alameda, pero xusto no último momento comezou a chover, polo que tivemos que quedarnos no centro. 

A pesares disto, o Apadriñamento Lector deste día realizouse con éxito igual, xa que os recantos do noso centro, renovado recentemente permítenos disfrutar de moita luz e recunchos moi acolledores.

Pincha na imaxe para acceder á galería

SALÓN INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL DE PONTEVEDRA

 O Salón Internacional do Libro Infantil e xuvenil de Pontevedra, sempre nos da un chimpo de alegría antes de que chegue o mes dos libros en Abril.

Este ano, o Salón celebrouse desde o 6 ata o 22 de marzo, e o tema central foi a música: Que non pare a música!. 

Tivemos, tamén, a sorpresa e ledicia de recibir a visita de Orbil, a mascota da mostra, que sempre recibimos con moitísimos nervios e ilusión.

Desde o noso centro, os diferentes cursos que participaron na exposición, elexiron varios contos clásicos da editorial OQO, e decoraron, co permiso da mesma, a súa particular visión das portadas, ao tempo que escoitabamos e cantábamos as súas bandas sonoras. Mariluz avestruz, Corre corre cabaciña, Cocorico…

E así, cun pouquiño de arte, un chisco de música e moitísimas migallas de amor, estes contos convértense na banda sonora da infancia dos nosos nenos e nenas.

Saúdos!


Pincha na imaxe para acceder á galería.

DÍA DE ROSALÍA

 Encántanos o Día de Rosalía. Entrar na súa obra,  é percorrer a paisaxe, a cultura e as costumes da nosa Galiza, e afondar nos sentimentos que lle impulsaban a escribir, tan intensos e fermosos versos. O alumnado reproduciu algunha destas xoias da súa emblemática obra Cantares Gallegos, por medio de cancións, como Alborada, versionada por Uxia ou Migallas na súa pegadiza interpretación do Eu ben vin estar o moucho.

Pincha na imaxe para acceder á galería.



RECOMENDACIÓNS LECTORAS DE NADAL

 Aquí vos deixamos recomendacións lectoras para Nadal.

Non fai falta ter moito tempo, para ler un pouquiño, sempre hai un anaquiño.

Saúdos!





PROGRAMA FALAMOS +

 

Este ano, durante todo o mes de novembro, mergullámonos na lingua galega moito máis tempo do habitual que adicamos nas clases durante o noso día a día, grazas ao programa Falamos +. A través de propostas lúdicas, xogos, cantigas e retrousos, adiviñas e trabalinguas, incorporamos o galego á nosa fala diaria. A sorpresa final destas actividades, foi a visita de Cé, Orquesta Pantasma, que nos fixo rir, cantar e bailar.

Deste xeito, podemos dicir, que case rematamos o primeiro trimestre deste curso, falando, como cantamos con Uxia Lambona e a banda Molona…..máis galego!

Pincha na imaxe para acceder á galería.



LECTURAS DE SAMAÍN E HALLOWEEN

 

Mouchos, Curuxas, Sapos e Bruxas……. chegou o Samaín e Halloween ao noso cole….., con decoracións extraordinarias feitas polas nosas familias e orixinais disfraces e caracterizacións do alumnado e profesorado!

Os fantasmagóricos relatos de medo tiveron as nosas emocións en vilo, desde a novidade dos nenos e nenas de 3 aniños, ata os menos asustadizos maiores de sexto, pero disfrutamos moitísimo! Qué sería deste día sen esas lecturas! Grazas familias!

Pincha na imaxe para acceder á galería.

BENVIDA DO NOVO CURSO

 Boas, familias,

Arrancamos o novo curso! Logo de coller folgos no verán, volvemos con enerxía e ledicia, un ano máis. O noso cole está precioso, luminoso, espacioso…da moito gusto recoñecer os recantos de sempre con outra mirada, que nos fan sentir mellor que nunca, renovados e actualizados.

E como non, Evaristo danos a súa benvida o seu día grande, o 24 de Outubro, día das Bibliotecas Escolares, onde celebramos un ano máis, compartindo un agasallo cos nosos e nosas compis do cole. Un marcapáxinas personalizado por nós, para lembrar este día, ao tempo que lemos a nosa nova aventura!

Aquí temos a mensaxe para que a escoitedes. Saúdos!

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O VERÁN

 Despedimos este curso cunhas recomendacións lectoras para disfrutar este verán, ademáis do enlace á nosa revista escolar, que sempre publica cousiñas que fixemos ao longo do curso moi interesante. 

Ata o vindeiro curso!




DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Para celebrar o 17 de Maio, o alumnado das diferentes aulas escolleu unha canción tradicional galega, que aprenderon e cantaron, escribindo un anaco dela (título, estrofa, retrouso…), nunha peza dun puzle de madeira que, xuntas formaban o mapa da nosa terra. 

Desta conmemoración apreciamos o xeito tan sinxelo de explicar que Galicia é a nosa voz e as Nosas Letras.

Saúdos!