OBRADOIROS NO COLEXIO

Estes días desenvolvéronse no colexio varios obradoiros, todos eles moi interesantes, que nos proporcionaron moita información, nos ensinaron a poñela en prática e nos deixaron moi bo sabor de boca.
GRAZAS e esas nais que quixeron compartir con nós o seu tempo e ensinanzas.

Obradoiro das emocións

Obradoiro de hixiene dental



Obradoiro de pintura



VISITA A SANTIAGO DE COMPOSTELA

Onte, 13 de marzo, estivemos en Santiago o alumnado de sexto xunto co alumnado da escola Cavour de Catania co obxectivo de visitar o noso Parlamento e mostrarlles aos nosos invitados a cidade e por suposto a catedral.
Antes de nada subimos ás cubertas e, repartidos en dous grupos, escoitamos as explicacións das guías e puidemos ver de moi preto as torres, moitos detalles que só estando enriba se poden observar e desfrutar dunha vista impresionante da cidade.

/media/elisa/KINGSTON/Santiago/100NIKON/DSCN8952.JPG