ENTROIDO NO FROEBEL

O día 24 de febreiro coincidindo co Día de Rosalía, imos a celebrar unha festa no colexio con desfile de disfraces por curso, degustación de postres típicos: orellas, filloas... e baile libre.
Para a preparación de disraces houbo unha grande colaboración de nais e pais que estiveron o martes traballando toda a tarde.
Grazas a tod@os!

FOTOS TRABALLANDO



DOCUMENTACIÓN ENTROIDO

Clica na foto para aprender máis cousas sobre esta gran escritora galega.

http://www.biografiasyvidas.com/biografia/c/castro_rosalia.htm


http://www.edu.xunta.es/centros/ceipnosasenhoradexuvencos/node/436

Algúns poemas musicados:

                                     Adiós ríos, adiós fontes



                         Negra sombra



A RADIO NA ESCOLA

Unha vez máis o alumnado do colexio participou coa súa aportación á emisión do programa de radio escolar que organiza Onda Cero e que durante toda esta semana e quizais a próxima podemos escoitar a partires das 11:30 horas.


LECTURAS DO EQUIPO DE NAIS/PAIS


Como cada mes, o equipo de nais e pais lectoes entraron nas aulas para facer as delicias de todo o alumnado do centro.
GRAZAS A TOD@OS


Roteiros culturais

O alumnado de 5º e 6º curso saíu á rúa para seguir as pegadas de Frai Martín Sarmiento, escritor e erudito benedictino, que xa no século XVIII, traballou pola defensa e normalización do galego e a necesidade de ensinar aos rapaces nas linguas que lles eran familiares.






CARTAS AOS REIS

Hoxe, no patio do colexio, un equipo de nais lectoras fixo entrega dos agasallos concedidos ao alumnado premiado por ter realizado as cartas máis fermosas aos Reis Magos.
Os alumn@s seleccionados foron:

Javier Lago Beloso de Infantil de 5 anos
Elena Martínez Rodríguez de 1º curso
Alba Trabazo Abelenda de 2º curso
Isabel Morante Acuña de 3º curso
Roque Pazos Fuentes de 4º curso
Noa Fernández Curra de 5º curso
Sabela Rivas Campos de 6º curso

Noraboa a tod@s!!!

FOTOS ENTREGA DE AGASALLOS CARTAS REIS