Apadriñamento lector

Onte tivo lugar no colexio, o primeiro apadriñamento deste curso. Como xa sabedes, realízase entre o alumnado de 5º e 6º curso co alumnado de Infantil, e coma sempre resultou moi rico en valores e rebordando  sensibilidade.



Día Internacional das Persoas con discapacidade

O día 3 de decembro saímos á rúa para participar na praza da Ferraría na manifestación "Baixo o mesmo paraugas", para amosar coa nosa presencia , o dereito á igualdade de todas as persoas.

 

MAGOSTO

Por fin puidemos celebrar o magosto despois de intentalo en varias ocasións, pero unhas veces por ocupacións e outras polo mal tempo, foio demorándose ata onte.
As castañas foron suficientes; aínda sobraron unhas poucas, e estaban moi ricas.
despois da degustación organizáronse os xogos, nos que colaborou o alumnado de sexto curso, encargándose de cada xogo e das explicacións pertinentes.
A xornada  comezou coa celebración do Día Internacional contra a violencia de xénero, no que ademáis de falar do tema, observamos unha danza que un grupo de rapazas prepararon, confeccionamos un mural coas mans de todos e por último cantamos a canción de Rozalén "Una puerta violeta.


https://photos.app.goo.gl/eK6qrvRUyzdXn2Fd9

Día Internacional contra a violencia de xénero

O día 25 de novembro celébrase o Día Internacional en contra da violencia de xénero.
Nós temos pensado, para ese día,  un pequeno acto con presentación, danza, que un grupo de rapazas ten preparado, e un mural coas mans untadas de cor violeta de todas e todos.
E para rematar, a canción de Rozalén:

Puerta violeta.
https://photos.app.goo.gl/6TxiFVdRmaFzzcE86

OS DEREITOS DA NENA E O NENO

O mércores, 20 de novembro, celebraremos o Día Internacional dos Dereitos da nena e o neno.

Cada grupo traballará un dereito:

- Dereito nº 1: 5ºBº.
- Dereito nº 2: 6ºB.
- Dereito nº 3: 5ºA.
- Dereito nº 4: 3ºA.
- Dereito nº 5: 6ºA.
- Dereito nº 6: 1º.
- Dereito nº 7: INF.
- Dereito nº 8: 3ºB.
- Dereito nº 9: 4º.
- Dereito nº 10: 2º.

E con todos os traballos realizados compoñeremos un mural colectivo.



https://drive.google.com/file/d/1Jbq39Vg26KVxxHJOAgXQnKig647V50Fv/view?usp=sharing

SAMAÍN

Hoxe celebramos o Samaín coa lectura de contos e historias de medo. Participaron todos os cursos e contamos coa colaboración de dúas nais, extraordinarias contadoras de contos.
O lugar elexido foi, como podedes ver, a escaleira vella.
Tamén houbo algunha sorpresiña que preparamos onte un grupo de nais e profes.
Bo Samaín para tod@s e grazas pola vosa colaboración.
 

                                        

EXPOSICIÓN DE CABAZAS

Xa están as nosas cabazas expostas e, coma todos os anos, desbordan orixinalidade, esmero e moitas horas de colaboración na tarde do domingo. O resultado é unha auténtica marabilla,  posto que hai xoguetes e xogos de todos os gustos.
Noraboa a todos os participantes e ás súas familias.

AXUDANTES


Dende o día 14 deste mes está funcionando a biblioteca coa colaboración dos equipos de axudantes, alumnado voluntario de 6º, que durante os recreos realiza as funcións propias dun bo axudante, entre as que se contan: préstamo/devolución, colocación dos fondos devoltos, mantemento do orden...
Os nosos parabéns polo traballo ben feito.