ENQUISAS BIBLIOTECA

Ola, amiguiñ@s!
 Queremos coñecer a vosa opinión, que para nós é moi importante, sobre as actividades que se realizaron dende a biblioteca para tratar de mellorar cara o vindeiro curso.
Colabora con nós cubrindo esta enquisa.

ENQUISA ALUMNADO

ENQUISA PROFES

LETRAS GALEGAS






O Equipo de biblioteca e DLGA , por mor da celebración das Letras Galegas, este ano adicadas a Manuel María, propón a realización dunha LIÑA DE TEMPO sobre a vida e a obra do escritor homenaxeado.

Recursos:
“A rebelión dasovellas” . Sobre un poema de Manuel María

LECTURAS NO COLEXIO

 O venres pasado o alumnado do cole, xunto coa colaboración das nais lectoras entraron nas aulas para desfrutar dun tempo de lectura compartido. A experiencia coma sempre resultou moi interesante e divertida e foi aceptada con moito interese.

FOTOS

FESTA DOS MAIOS

O domingo , día 1, celebramos, na Praza da Ferraría, a  Festa dos Maios. Estabamos pais, nais, avós, profes aumnos e sobre todo, os protagonistas, os rapaces e rapazas que cantaron o maio. O resultado xa o sabedes, pero por se alguén non se enterou, gañamos o 1º premio de interpretación e o 3º de coroa.
Presentar o maio na Ferraría supón un esforzo moi grande e só con moita colaboración se pode lograr.
Grazas atod@s os que colaborastes traendo ovos, fiúncho, laranxas, flores..., aos que pasastes o sábado traballando, grazas a tod@os. Agora toca desfrutar do triunfo e da viaxe, os que vaian, e non esquezades:
contamos con vós para o ano que vén.

FOTOS