FESTA DOS MAIOS

O domingo , día 1, celebramos, na Praza da Ferraría, a  Festa dos Maios. Estabamos pais, nais, avós, profes aumnos e sobre todo, os protagonistas, os rapaces e rapazas que cantaron o maio. O resultado xa o sabedes, pero por se alguén non se enterou, gañamos o 1º premio de interpretación e o 3º de coroa.
Presentar o maio na Ferraría supón un esforzo moi grande e só con moita colaboración se pode lograr.
Grazas atod@s os que colaborastes traendo ovos, fiúncho, laranxas, flores..., aos que pasastes o sábado traballando, grazas a tod@os. Agora toca desfrutar do triunfo e da viaxe, os que vaian, e non esquezades:
contamos con vós para o ano que vén.

FOTOS