23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO

Hoxe celebramos o Día do Libro lendo. Tiñamos pensado saír á Praza de Concepción Arenal para sacar os libros á rúa, e ler ao aire libre, pero o mal tempo non nolo permitiu e tivemos que facer a lectura no patio.
Compartíronse contos en parella entre nenos de diferentes cursos. O resultado foi moi positivo.


Lecturas de nais e pais no colexio

Como ven sucedendo cada mes, un grupo de nais e pais comparten con nós o seu tempo e fannos desfrutar coas súas lecturas.
Grazas!!!


VISITA AO SALÓN DO LIBRO

Onte estivemos no Salón do Libro todos os alumnos de Primaria para coñecelo e participar nos distintos obradoiros e contacontos que nos tiñan preparados.
En primeiro lugar, fomos recibidos por Orbil, a mascota do Salón, e a continuación pasamos ás distintas salas coas monitoras e monitores correspondentes.
Por último, percorremos o Salón para coñecer os traballos realizados polos demáis coles e desfrutar coas ambientacións que tiñan preparadas.

https://photos.app.goo.gl/vv9wtq3qerq6Mkks7

OBRADOIROS DE LINGUA

O alumnado de Infantil, 1º e 2º curso, desfrutou co obradoiro de "Mario pensaba que..." no que escoitaron contos e puideron probar o arte da ilustración.
https://photos.app.goo.gl/KmQ1fuorUxnyUJVX8

Outro obradoiro moi interesante, no que participaron 3º e 4º foi "Para vir a xunta min..."


Onda Cero no colexio

A pasada semana tivemos a oportunidade de expor para Onda Cero os nosos traballos medioambientais e así foron pasando pola biblioteca, un tras outro, tódolos cursos.

https://photos.app.goo.gl/xtiaZerdDsf9Mf8r9