23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO

Hoxe celebramos o Día do Libro lendo. Tiñamos pensado saír á Praza de Concepción Arenal para sacar os libros á rúa, e ler ao aire libre, pero o mal tempo non nolo permitiu e tivemos que facer a lectura no patio.
Compartíronse contos en parella entre nenos de diferentes cursos. O resultado foi moi positivo.