TEMPO DE NADAL


O martes 17, tivemos un concerto da Banda de Música  da Escola Naval, cun repertorio moi variado no que predominaban as cancións infantís e navideñas. Este concerto tivo un aspecto moi didáctico porque o Director, mostrounos cada instrumento e o seu son.
A conexión da Banda co noso público foi extraordinaria e o resultado un éxito.




https://drive.google.com/drive/folders/16rPXS2vj206bpGrudtyTS-UUg_XaxeT6?usp=sharing



 O martes, día 18, un grupo de nais do equipo de nais e pais lectores, deleitáronnos cunha representación moi divertida titulada "Cando Martiña tivo ganas de mexar na noite de Reis".
Como podedes ver polas fotos, pasámolo de marabilla e dende aquí dámoslles as grazas a estas xeniais actrices, pola súa entrega e o seu bo facer.
Moitísimas grazas!

https://drive.google.com/drive/folders/1ByLBnrPYjFQADDeKFISSYYd3rjwSGt14?usp=sharing

O mércores 19, gravamos o segundo programa de  "Radio Evaristo" con participación de todos os cursos e con temas moi variados. tamén houbo, coma non, algunha panxoliña.

https://drive.google.com/drive/folders/1DwnnKM0-Y7VKztFmLK1lSeUWLpCaYNpq?usp=sharing


Xa temos as nosas recomendacións lectoras para que vos axuden á hora de escribir a carta aos Reis Magos.

GUÍA DE NADAL

TEATRO "A deforestación"

Hoxe asistimos durante o tempo de lectura, a unha representación, encadrada no noso proxecto, feita polo alumnado de cuarto,  que resultou sensacional.
A música de fondo estivo a cargo de Micaela co seu violonchelo.
O tema, como podedes comprobar polas fotos, é a deforestación dos nosos bosques.
Noraboa a tod@s!