DÍA DO LIBRO

Este ano celebramos o Día do Libro saíndo a desfrutar da lectura á Praza de Concepción Arenal.
A experiencia resultou moi gratificante para todos, como poderedes ver polas fotos, e pensamos repetila en máis ocasións.

1º e 2º cursos


3º e 4º cursos


Apadriñamento do alumnado de 5º e 6º ao alumnado de Infantil


23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO

O próximo luns, día 23 de abril, celebraremos o Día do Libro no colexio, de xeito moi especial, porque sairemos á Praza de Concepción Arenal para facer unha lectura ao aire libre e desa maneira, darlle máis visibilidade e protagonismo aos libros.

Resultado de imagen de dia do libro

LETRAS GALEGAS 2018



Resultado de imagen de VICTORIA MORENO
 " A miña relación con Galicia
e a miña opción pola súa lingua
é simplemente unha historia de amor"

Mª Victoria Moreno é a escritora homenaxeada este ano pola Real Academia Galega.
Ensinou a toda unha xeración de mozas e mozos a amar a vida, a literatura e a levar adiante os proxectos máis fermosos.
Algúns dos seus libros máis coñecidos:
Mar adiante, O cataventos, A festa no faiado, Leonardo e os fontaneiros, Eu conto, ti cantas...

 Proposta de actividades dende a biblioteca e DLG
  • Recadar información sobre a vida e obra de Victoria Moreno
  • Lectura dalgún dos seus libros
  • Mural colectivo onde se recolla: portadas ilustradas, acrósticos, información,  prensa...
Recursos 

Selección de libros na biblioteca
 O día das Letras Galegas - Seminariogalan.org


Final do Desafío


Rematou o DESAFÍO e xa temos os gañadores deste curso:

OS REIS DAS MATES de 1ºB
CASTAÑA DOURADA de 2º
AS TRASNAS BAILONAS de 3ºA
AS PLANTAS VIAXEIRAS de 4º
AS FOLLAS de 5ºA
MATSTARS de 6º

Noraboa a tod@s!!!

EXPOSICIÓNS ORAIS

Ola a tod@s!
Xa estamos no 3º trimestre, coas pilas cargadas, e máis vale,  porque nos espera unha programación moi completa.
O 2º trimestre rematou con exposicións orais en todos os cursos sobre os animais do bosque, que resultaron superinteresantes.
Aquí tedes algunhas fotos:


1º curso

2º curso


3º curso


4º curso





5º curso