LECTURAS DE NAIS E PAIS

Coma todos os anos, temos a sorte de contar cun grupo de nais e pais lectores que nos visitan un día ao mes para agasallarnos coa súa presencia e colaborar dese xeito co colexio nun aspecto moi importante que é o de potenciar a lectura.
Grazas a tod@s!


Apadriñamento lector

A semana pasada fíxose o Apadriñamento lector do alumnado de 5º e 6º cos nenos e nenas de Infantil.
A cada alumno/a dos cursos superiores correspondeulle un pequeno/a( o seu afillado) que foi buscar á súa aula, e logo de desfrutar os dous coa lectura dun conto, acompañouno de novo á súa aula.
Aquí tedes unha mostra desta fermosa experiencia.


Experiencias científicas

Estanse realizando en todas as aulas diferentes experiencias que están relacionadas co noso proxecto documental "Canta bichería hai na nosa ría".
O alumnado de 1º e 2º curso observou como son os peixes por dentro logo de facer algunhas diseccións.

PRESENTACION 1º e 2º curso

PRESENTACIÓN 4º curso

FOTOS