24 de febreiro, DÍA DE ROSALÍA

DÍA DE ROSALÍA 2018

Lema: “Abride a fiestra de Rosalía”


Obxectivos
• Mergullarse na figura literaria de Rosalía para coñecela mellor
• Valorar a creación literaria de Rosalía
• Motivar ao alumnado na lectura de poemas
• Mellorar a lectura expresiva en galego

Actividades
• Repaso da figura literaria de Rosalía lendo algún dos seus poemas.
• Transcrición dalgún verso solto ou poema completo para a composición dun mural colectivo e para adornar as fiestras das aulas.
• Involucrar ás familias para que aporten materiais coa finalidade de publicalos nas redes sociais do colexio.

Agúns poemas de Rosalía de Castro musicados:

"Airiños, airiños, aires"

"Adios ríos, adios fontes"

"Negra sombra"

ENTROIDO NO COLE

Este venres pasado celebramos a festa do Entroido no patio do CEIP FROEBEL
e o pasamos sensacional. Desfilamos polo escenario, algunhas clases con coreografía e todo como podedes ver nas fotos que van a continuación, tamén merendamos toda unha variedade de postres riquísimos que cada ano supera ao anterior, e por último bailamos e o pasamos xenial.

https://myalbum.com/album/2zuCdntoP6pH


AS MELLORES CARTAS AOS REIS MAGOS

Este mércores, entregáronse os agasallos aos alumnos e alumnas que foron seleccionados por ter escrito as mellores cartas aos Reis Magos. Como todos recordaredes, estas cartas eran de carácter inmaterial e foron entregadas personalmente ás Súas Maxestades.
Neste acto, que tivo lugar no patio e ao que asistiu todo o cole, contamos coa colaboración de dúas nais do Equipo Lector que tamén foron as que nos proporcionaron os agasallos.
Grazas pola axuda que sempre nos dades e...

NORABOA A TOD@S !!!
 






https://myalbum.com/album/nBOFaOw6yTaz

APADRIÑAMENTO LECTOR

Hoxe tivo lugar un apadriñamento lector entre o alumnado de 5º e 6º curso e o alumnado de Infantil. Este encontro é sempre moi desexado e unha vez máis resultou moi fermoso e enriquecedor.

https://myalbum.com/album/2w2lDJtmJ8TD