O Salón Internacional do Libro Infantil e xuvenil de Pontevedra, sempre nos da un chimpo de alegría antes de que chegue o mes dos libros en Abril.
Este ano, o Salón celebrouse desde o 6 ata o 22 de marzo, e o tema central foi a música: Que non pare a música!.
Tivemos, tamén,
a sorpresa e ledicia de recibir a visita de Orbil, a mascota da mostra, que
sempre recibimos con moitísimos nervios e ilusión.
Desde o noso
centro, os diferentes cursos que participaron na exposición, elexiron varios contos clásicos da editorial OQO, e decoraron, co permiso da mesma,
a súa particular visión das portadas, ao tempo que escoitabamos e cantábamos
as súas bandas sonoras. Mariluz
avestruz, Corre corre cabaciña, Cocorico…
E así, cun pouquiño
de arte, un chisco de música e moitísimas migallas de amor, estes contos
convértense na banda sonora da infancia dos nosos nenos e nenas.
Saúdos!
