LECTURAS RECOMENDADAS

Evaristo e o Equipo de Bilioteca deséxavos un BO NADAL e un feliz ano 2018. Tamén queremos que teñades as nosas recomendacións  de lecturas para este Nadal e que desfrutedes moito, moito.... tamén lendo.

GUÍA DE NADAL

APADRIÑAMENTO LECTOR

Onte, tivo lugar o primeiro Apadriñamento lector do curso e como podedes ver a continuación nas fotos, foi todo un éxito. O alumnado de 5º e 6º curso tiña moi ben preparadas as lecturas e os pequenos desfrutaron coa actividade.
Noraboa!!!

 Apadriñamento lector

MAGOSTO

Hoxe tivemos o magosto e comemos castañas ata fartarnos, porque estaban boíiiiisimas.
Ao rematar, tivemos un circuíto de xogos polo que foron pasando todos os cursos no que colaborou de xeito especial o alumnado de sexto.


 Magosto 2017

VISITA A LOURIZÁN

Por mor do proxecto que estamos realizando  UN PASEO POLO BOSQUE, visitamos o pazo de Lourizán e as súas instalacións para tomar contacto coa natureza e aprender moito máis arredor das   plantas.

EXPOSICIÓN DE CABAZAS

Xa temos gañadores do concurso de cabazas, pero antes de nada cómpre felicitar a todas as familias pola enorme participación e o derroche de creatividade que ano tras ano nos asombra e deleita.
Grazas pola colaboración!

As familias  elexiron as seguintes:

         PRIMARIA                                                                        INFANTIL

                                                                                 

Click to view full size imageClick to view full size image


O profesorado, logo dunha votación , elexiu tres:


PRIMARIA

      
Click to view full size image     Click to view full size imageClick to view full size image


INFANTIL


Click to view full size imageClick to view full size imageClick to view full size image


NORABOA A TOD@S!!!

Samaín

Este venres celebramos o Samaín con música, merendas tenebrosas e moitísimo medo que nos produciu a lectura de contos terroríficos na que participaron todos os cursos e que resultou un éxito.


 Lecturas Samaín

TEMPO DE OUTONO

O xoves, día 19,  deu comezo o DESAFÍO, este primeiro de tema matemático e cada semana publicaranse os resultados para que tod@s poidades estar ben informados.
Os equipos formados nos distintos cursos son os seguintes:

ÁNIMO E A PARTICIPAR!!!

Por mor do Samaín, estanse escribindo contos de medo e algúns deles poderanse escoitar na radio, dado que o día 26  o noso alumnado participará, unha vez máis, no programa de radio escolar Onda Cero. As gravacións realizaranse na nosa biblioteca e esperamos que todo saia moi ben.

 Radio 1917


Tamén organizaremos a gran EXPOSICIÓN DE CABAZAS co tema "Personaxes do bosque" que empezaremos a montar o día 30.

Contamos con tod@s!!!

GUÍA PARA O VERÁN

Aquí tedes as nosa recomendacións de lecturas para este verán. Esperamos que durante as vacacións desfrutedes coa lectura dalgúns destes libros.

GUÍA DE VERÁN 2017

EXPOSICIÓN DE FRATO

O martes, día 9, desprazouse o noso alumnado de Infantil, 1º, 2º, 3º e 4º curso ata o Pazo da Cultura para ver a Exposición de Frato (Francesco Tonucci).
Nesta exposición, Frato, reivindica a imaxinación como elemento fundamental para o desenvolvemento dos nenos e critica que os rapaces de hoxe están sobreprotexidos e sobrecargados de tecnoloxía, po iso, na exposición ademáis de observar, invita a experimentar, imaxinar, manchar as mans...porque é un gran patio de xogos.



FRATO INFANTIL

FRATO 3º CURSO

FRATO 4º CURSO

LETRAS GALEGAS


 Clica para diminuír












 Este ano, o autor homenaxeado é Carlos Casares, considerado como un escritor de gran relevancia na nosa literatura.
A súa creación literaria é moi ampla, cunha gran cantidade de obras de literatura infantil, ademais de novelas, ensaios, artigos periodísticos...

 Proposta de actividades dende a biblioteca e DLG

  • Recadar información sobre a vida e obra de Carlos Casares
  • Lectura dalgún dos seus libros
  • Dramatización dalgunha obra.
  • Mural colectivo onde se recolla: portadas ilustradas, acrósticos, información,  prensa...

Recursos
Selección de libros na biblioteca
 O día das Letras Galegas - Seminariogalan.org
Lim Carlos Casares. Audioconto A galiña azul
Fundación Carlos Casares. Recursos didácticos
Vida e obra de Carlos casares. 

APADRIÑAMENTO LECTOR

Este venres, día 5, realizamos o último  apadriñamento lector deste curso, que como sabedes efectúase entre o alumnado de 5º e 6º curso e o alumnado de Infantil. Valoramos esta actividade moi positivamente polo que supón de esforzo, responsabilidade e socialización.


FESTA DOS MAIOS. TRIUNFO DO FROEBEL

Este primeiro de maio, como é habitual, participamos no concurso dos maios que se celebrou na praza da Ferraría; e para alá fomos cheos de ilusión porque o maio e a coroa quedaran fermosísimos e os rapaces ían moi ben preparados.
O día anterior un gran número de persoas: pais, nais, profes e rapaces estiveramos traballando durante todo o día seleccionando o fiúncho, cosendo flores, ensartando ovos para poder facer o maio e a coroa pero nun ambiente súper agradable e de moitísima colaboración.
Rematamos o traballo ás 23:45 horas, cansos pero satisfeitos do resultado.
Ás 10 xa estabamos no colexio e ás 10:45 na Ferraría para asistir ao sorteo da orde de actuación.  Nós sacamos o nº 8 e a continuación, deu comezo a Festa coa lectura do Pregón, que este ano tivemos a enorme satisfacción de escoitalo na boca da nosa antiga Directora, Dona Teresa Couto Nogueira, que nos emocionou polo seu contido cheo de poesía e sentimento.
Chegou o noso turno de subir ao escenario, e os rapaces fixeron unha boa interpretación e como xa todos sabedes, acadamos o PREMIO ESPECIAL por ter acumulado a maioría dos premios:
1º premio ao maio, 2º premio á coroa, 2º premio á interpretación e 3º premio á letra das coplas.
Este premio, que non e nada fácil de conseguir, énchenos de ledicia a todos e danos folgos para continuar, sempre que haxa colaboración, porque é un traballo precioso que paga a pena manter, e como din os rapaces:
Grazas a tod@s e ata o vindeiro ano!

PREGÓN

Dona Teresa Couto Nogueira




http://www.kizoa.es/Editar-Videos-Movie-Maker/d110964346k2566212o1l1/sin-ttulo-

Proxecto Documental Integrado " ANTIGAS CIVILIZACIÓNS"

Benvidos á escola despois destas estupendas e reparadoras vacacións. Espero que todos esteamos preparados para encarar o último tramo do curso, no que temos que continuar coas actividades programadas entre as que está o noso proxecto.

PROXECTO III TRIMESTRE

Podedes ver as fotos das exposicións do II trimestre:

EXPOSICIÓN 1º e 3º CURSO

EXPOSICIÓN 4º A

EXPOSICIÓN 4ºB

EXPOSICIÓN 6ºB

DÍA DO LIBRO, 23 DE ABRIL

Á volta das vacacións de Semana Santa, espéranos un trimestre moi intenso, pola cantidade de actividades programadas;  primeira é o Día do Libro, para a que xa temos unha proposta de actividades que van a continuación.

DÍA DO LIBRO

Podedes ver a continuación as fotos do tod@s  construíndo o mural de bolboretas.


O NOSO MAIO

Coma todos estes anos, ao chegar a primavera, lembramos que temos que organizar o maio e o primeiriño que debemos facer son as coplas que se van a cantar na Ferraría, para logo comezar a ensaialas á volta das vacacións de Semana Santa.
Para iso, os rapaces comporán coplas no colexio, pero precisamos da colaboración das familias, porque as coplas deben criticar aspectos da vida municipal: festas, urb
anismo, goberno, deportes..., temas que os nenos coñecen menos. Agardamos as vosas aportacións que podedes mandar a través dos vosos fillos/as.
A continuación  vai unha folla explicativa.

Clica na foto


APADRIÑAMENTO LECTOR

O venres, día 9 de marzo, o  alumnadode 5º e 6º curso realizou o segundo apadriñamento lector cos nenos e nenas de 3, 4 e 5 anos. Coma sempre gozaron todos, pequenos e grandes,  dun rato moi agradable.


http://www.kizoa.es/Editar-Videos-Movie-Maker/d101636551k7401526o1l1/apadriamento-lector-ii-trimestre

Viaxe a Santiago

Este martes, día 15, o alumnado de sexto do noso colexio xunto co alumnado da escola Cavur de Catania visitamos o Parlamento, a catedral e o Museo do Pobo Galego.
A visita resultou moi interesante pois contamos cun guía que fíxonos participar de xeito práctico con discursos, debates, propostas...

FOTOS

SEMANA DA PRENSA

Durante esta semana estívose traballando nas aulas tendo como soporte principal, a prensa. Na aula de primeiro curso o alumnado puido contemplar periódicos de diferentes países: China, Xapón, Dinamarca, Exipto... gracias á colaboración das familias.

http://www.kizoa.es/Editar-Videos-Movie-Maker/d101624878k7293704o1l1/sin-ttulo-


DÍA DA MULLER

Por mor do Día da Muller, tivemos unha charla en cuarto curso sobre violencia de xénero que resultou moi interesante.

http://www.kizoa.es/Editar-Videos-Movie-Maker/d101438764k7940292o1l1/sin-ttulo-

DÍA DA MULLER

Día da muller: 8 de marzo 2017

Obxectivos

  • Coñecer os traballos realizados polas mulleres ao longo da historia.
  • Reflexionar sobre a situación social da muller: familia, contorno…
  • Valorar a importancia da igualdade de oportunidades entre os homes e as mulleres
  • Reflexionar sobre o respecto nas relacións humanas.
Actividades


  • Investigación e documentación sobre mulleres que destacaron ao longo da historia nos distintos campos: científico, artístico, social, cultural...
  • Confección dun mural coas aportacións das distintas aulas.

FESTA DO ENTROIDO

Este venres, día 24, celebramos no patio do colexio o Entroido, e tal como estaba previsto tivemos fesfile por cursos, gran merenda larpeira e baile.
Hai que sinalar que tamén tivo lugar o remate do concurso de baile no que participaron moitos alumnos/as e que rematou con dous gañadores:
En categoría individual: Irene Rodríguez Vence.
En categoría de grupo:Nuria Mallo Iglesias e Noa abad Castro

ENTROIDO NO FROEBEL

O día 24 de febreiro coincidindo co Día de Rosalía, imos a celebrar unha festa no colexio con desfile de disfraces por curso, degustación de postres típicos: orellas, filloas... e baile libre.
Para a preparación de disraces houbo unha grande colaboración de nais e pais que estiveron o martes traballando toda a tarde.
Grazas a tod@os!

FOTOS TRABALLANDO



DOCUMENTACIÓN ENTROIDO

Clica na foto para aprender máis cousas sobre esta gran escritora galega.

http://www.biografiasyvidas.com/biografia/c/castro_rosalia.htm


http://www.edu.xunta.es/centros/ceipnosasenhoradexuvencos/node/436

Algúns poemas musicados:

                                     Adiós ríos, adiós fontes



                         Negra sombra



A RADIO NA ESCOLA

Unha vez máis o alumnado do colexio participou coa súa aportación á emisión do programa de radio escolar que organiza Onda Cero e que durante toda esta semana e quizais a próxima podemos escoitar a partires das 11:30 horas.


LECTURAS DO EQUIPO DE NAIS/PAIS


Como cada mes, o equipo de nais e pais lectoes entraron nas aulas para facer as delicias de todo o alumnado do centro.
GRAZAS A TOD@OS


Roteiros culturais

O alumnado de 5º e 6º curso saíu á rúa para seguir as pegadas de Frai Martín Sarmiento, escritor e erudito benedictino, que xa no século XVIII, traballou pola defensa e normalización do galego e a necesidade de ensinar aos rapaces nas linguas que lles eran familiares.






CARTAS AOS REIS

Hoxe, no patio do colexio, un equipo de nais lectoras fixo entrega dos agasallos concedidos ao alumnado premiado por ter realizado as cartas máis fermosas aos Reis Magos.
Os alumn@s seleccionados foron:

Javier Lago Beloso de Infantil de 5 anos
Elena Martínez Rodríguez de 1º curso
Alba Trabazo Abelenda de 2º curso
Isabel Morante Acuña de 3º curso
Roque Pazos Fuentes de 4º curso
Noa Fernández Curra de 5º curso
Sabela Rivas Campos de 6º curso

Noraboa a tod@s!!!

FOTOS ENTREGA DE AGASALLOS CARTAS REIS


Día da Paz

Onte, 30 de xaneiro, celebramos o día da Paz, e como estaba previsto, baixamos ao patio para todos xuntos, lembrar o significado desta data coas aportacións do alumnado na presentación, introducción, recitado de poemas, confección do mural... para rematar cantando xuntos Bajo el mismo sol.

FOTOS PAZ

PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO: ANTIGAS CIVILIZACIÓNS


CIVILIZACIÓN GREGA

Neste II trimestre imos a traballar Grecia Para rematar cunha exposición oral.
ÁNIMO E A TRABALLAR!!!

PROXECTO GRECIA

30 de xaneiro, Día da Paz

DÍA DA PAZ
Data: 30 de xaneiro

LemaEntre todos construímos a paz

Obxectivos
Coñecer o significado da data.
Educar para a paz e a tolerancia.
Coñecer persoas que traballaron pola paz

Actividades a desenvolver:
Lectura de contos que tratan estes temas (Selección na biblioteca)
Desenvolvemento de actividades propostas: unidades didácticas, personaxes significativos…
Creación de poemas, acrósticos, acrónimos…  arredor da paz.
Composición dun mural colectivo, tipo puzle,  no que cada aula decorará libremente a súa parte.

Acto do Día da Paz
Presentación e pequeña exposición sobre o significado da data.
Lectura dos poemas seleccionadas nas aulas.
Composición do mural colectivo, no que cada aula colocará a súa parte.

Recursos
Fondos biblioteca
Blog da biblioteca

RECEITARIO DE OUTONO

Aquí tedes o noso recetario feito coas aportacións do alumnado, para que  poidamos desfrutar facendo moitas desas estupendas receitas.

NADAL

Benvidos ao cole! 
Despois de desfrutar dunhas marabillosas vacacións e antes de nada, quixeramos lembrar as actividades desenvolvidas na última semana  arredor do Nadal e nas que a colaboración da comunidade educativa: pais, nais, profes e alumnado, foi fundamental.

O día 19, recibimos a visita dos Reis Magos e puidemos entregarlle as nosas cartas cheas de bos desexos, que agora valoraremos para elexir as mellores.

VISITA REIS MAGOS INFANTIL
VISITA REIS MAGOS 1º CURSO
VISITA REIS MAGOS 2º CURSO
VISITA REIS MAGOS 3º CURSO
VISITA REIS MAGOS 4º CURSO
VISITA REIS MAGOS 5º CURSO
VISITA REIS MAGOS 6º CURSO

O día 20, tres nais do Equipo de nais/pais lectores, organizou un contacontos  na biblioteca, con temas de Nadal que nos enfeitzou a todos.
Grazas por esta magnífica colaboración!

FOTOS CONTACONTOS

O día 21 celebramos o Día de Minnesota con diferentes actividades para conocer e valorar algúns aspectos da súa cultura:
 Merendamos salchichas e recibimos a visita do Apalpador que nos agasallou con moreas de "palomitas" e que foi a atracción de todos os nenos durante o recreo, o alumnado de sexto bailou unha polka, houbo concurso de baile en grupo e de baile libre con xurado e premios e fixéronse moitas fotos.

APALPADOR
MINNESOTA

Temos que agradecer de xeito especial a colaboración dun grupiño de nais e pais  na organización destas actividades. 
Evaristo recoméndavos para este Nadal moitos e variados libros:

GUÍA DE NADAL