FESTA DOS MAIOS. TRIUNFO DO FROEBEL

Este primeiro de maio, como é habitual, participamos no concurso dos maios que se celebrou na praza da Ferraría; e para alá fomos cheos de ilusión porque o maio e a coroa quedaran fermosísimos e os rapaces ían moi ben preparados.
O día anterior un gran número de persoas: pais, nais, profes e rapaces estiveramos traballando durante todo o día seleccionando o fiúncho, cosendo flores, ensartando ovos para poder facer o maio e a coroa pero nun ambiente súper agradable e de moitísima colaboración.
Rematamos o traballo ás 23:45 horas, cansos pero satisfeitos do resultado.
Ás 10 xa estabamos no colexio e ás 10:45 na Ferraría para asistir ao sorteo da orde de actuación.  Nós sacamos o nº 8 e a continuación, deu comezo a Festa coa lectura do Pregón, que este ano tivemos a enorme satisfacción de escoitalo na boca da nosa antiga Directora, Dona Teresa Couto Nogueira, que nos emocionou polo seu contido cheo de poesía e sentimento.
Chegou o noso turno de subir ao escenario, e os rapaces fixeron unha boa interpretación e como xa todos sabedes, acadamos o PREMIO ESPECIAL por ter acumulado a maioría dos premios:
1º premio ao maio, 2º premio á coroa, 2º premio á interpretación e 3º premio á letra das coplas.
Este premio, que non e nada fácil de conseguir, énchenos de ledicia a todos e danos folgos para continuar, sempre que haxa colaboración, porque é un traballo precioso que paga a pena manter, e como din os rapaces:
Grazas a tod@s e ata o vindeiro ano!

PREGÓN

Dona Teresa Couto Nogueira




http://www.kizoa.es/Editar-Videos-Movie-Maker/d110964346k2566212o1l1/sin-ttulo-