Día da Paz

Onte, 30 de xaneiro, celebramos o día da Paz, e como estaba previsto, baixamos ao patio para todos xuntos, lembrar o significado desta data coas aportacións do alumnado na presentación, introducción, recitado de poemas, confección do mural... para rematar cantando xuntos Bajo el mismo sol.

FOTOS PAZ

PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO: ANTIGAS CIVILIZACIÓNS


CIVILIZACIÓN GREGA

Neste II trimestre imos a traballar Grecia Para rematar cunha exposición oral.
ÁNIMO E A TRABALLAR!!!

PROXECTO GRECIA

30 de xaneiro, Día da Paz

DÍA DA PAZ
Data: 30 de xaneiro

LemaEntre todos construímos a paz

Obxectivos
Coñecer o significado da data.
Educar para a paz e a tolerancia.
Coñecer persoas que traballaron pola paz

Actividades a desenvolver:
Lectura de contos que tratan estes temas (Selección na biblioteca)
Desenvolvemento de actividades propostas: unidades didácticas, personaxes significativos…
Creación de poemas, acrósticos, acrónimos…  arredor da paz.
Composición dun mural colectivo, tipo puzle,  no que cada aula decorará libremente a súa parte.

Acto do Día da Paz
Presentación e pequeña exposición sobre o significado da data.
Lectura dos poemas seleccionadas nas aulas.
Composición do mural colectivo, no que cada aula colocará a súa parte.

Recursos
Fondos biblioteca
Blog da biblioteca

RECEITARIO DE OUTONO

Aquí tedes o noso recetario feito coas aportacións do alumnado, para que  poidamos desfrutar facendo moitas desas estupendas receitas.

NADAL

Benvidos ao cole! 
Despois de desfrutar dunhas marabillosas vacacións e antes de nada, quixeramos lembrar as actividades desenvolvidas na última semana  arredor do Nadal e nas que a colaboración da comunidade educativa: pais, nais, profes e alumnado, foi fundamental.

O día 19, recibimos a visita dos Reis Magos e puidemos entregarlle as nosas cartas cheas de bos desexos, que agora valoraremos para elexir as mellores.

VISITA REIS MAGOS INFANTIL
VISITA REIS MAGOS 1º CURSO
VISITA REIS MAGOS 2º CURSO
VISITA REIS MAGOS 3º CURSO
VISITA REIS MAGOS 4º CURSO
VISITA REIS MAGOS 5º CURSO
VISITA REIS MAGOS 6º CURSO

O día 20, tres nais do Equipo de nais/pais lectores, organizou un contacontos  na biblioteca, con temas de Nadal que nos enfeitzou a todos.
Grazas por esta magnífica colaboración!

FOTOS CONTACONTOS

O día 21 celebramos o Día de Minnesota con diferentes actividades para conocer e valorar algúns aspectos da súa cultura:
 Merendamos salchichas e recibimos a visita do Apalpador que nos agasallou con moreas de "palomitas" e que foi a atracción de todos os nenos durante o recreo, o alumnado de sexto bailou unha polka, houbo concurso de baile en grupo e de baile libre con xurado e premios e fixéronse moitas fotos.

APALPADOR
MINNESOTA

Temos que agradecer de xeito especial a colaboración dun grupiño de nais e pais  na organización destas actividades. 
Evaristo recoméndavos para este Nadal moitos e variados libros:

GUÍA DE NADAL