NADAL

Benvidos ao cole! 
Despois de desfrutar dunhas marabillosas vacacións e antes de nada, quixeramos lembrar as actividades desenvolvidas na última semana  arredor do Nadal e nas que a colaboración da comunidade educativa: pais, nais, profes e alumnado, foi fundamental.

O día 19, recibimos a visita dos Reis Magos e puidemos entregarlle as nosas cartas cheas de bos desexos, que agora valoraremos para elexir as mellores.

VISITA REIS MAGOS INFANTIL
VISITA REIS MAGOS 1º CURSO
VISITA REIS MAGOS 2º CURSO
VISITA REIS MAGOS 3º CURSO
VISITA REIS MAGOS 4º CURSO
VISITA REIS MAGOS 5º CURSO
VISITA REIS MAGOS 6º CURSO

O día 20, tres nais do Equipo de nais/pais lectores, organizou un contacontos  na biblioteca, con temas de Nadal que nos enfeitzou a todos.
Grazas por esta magnífica colaboración!

FOTOS CONTACONTOS

O día 21 celebramos o Día de Minnesota con diferentes actividades para conocer e valorar algúns aspectos da súa cultura:
 Merendamos salchichas e recibimos a visita do Apalpador que nos agasallou con moreas de "palomitas" e que foi a atracción de todos os nenos durante o recreo, o alumnado de sexto bailou unha polka, houbo concurso de baile en grupo e de baile libre con xurado e premios e fixéronse moitas fotos.

APALPADOR
MINNESOTA

Temos que agradecer de xeito especial a colaboración dun grupiño de nais e pais  na organización destas actividades.