RECOMENDACIÓNS LECTORAS DE VERÁN

 Deixámosvos unhas recomendacións lectoras para o verán, e agardamos que teñades unhas boas, divertidas e lectoras vacacións, que abrades moitos libros, que aprendades moitas cousas e viaxedes a moitos lugares, e lembrade que, como dixo Walt Disney unha vez, nos libros hai mais tesouros que en todo o botín dos piratas da Illa do Tesouro. 

Feliz Verán! 



DÍA DO LIBRO

Tal e como di o refrán, en Abril, augas mil, así foi como pasou na nosa celebración Do día do Libro. Estabamos preparados para pasar unha xornada de lectura na Alameda, pero xusto no último momento comezou a chover, polo que tivemos que quedarnos no centro. 

A pesares disto, o Apadriñamento Lector deste día realizouse con éxito igual, xa que os recantos do noso centro, renovado recentemente permítenos disfrutar de moita luz e recunchos moi acolledores.

Pincha na imaxe para acceder á galería

SALÓN INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL DE PONTEVEDRA

 O Salón Internacional do Libro Infantil e xuvenil de Pontevedra, sempre nos da un chimpo de alegría antes de que chegue o mes dos libros en Abril.

Este ano, o Salón celebrouse desde o 6 ata o 22 de marzo, e o tema central foi a música: Que non pare a música!. 

Tivemos, tamén, a sorpresa e ledicia de recibir a visita de Orbil, a mascota da mostra, que sempre recibimos con moitísimos nervios e ilusión.

Desde o noso centro, os diferentes cursos que participaron na exposición, elexiron varios contos clásicos da editorial OQO, e decoraron, co permiso da mesma, a súa particular visión das portadas, ao tempo que escoitabamos e cantábamos as súas bandas sonoras. Mariluz avestruz, Corre corre cabaciña, Cocorico…

E así, cun pouquiño de arte, un chisco de música e moitísimas migallas de amor, estes contos convértense na banda sonora da infancia dos nosos nenos e nenas.

Saúdos!


Pincha na imaxe para acceder á galería.

DÍA DE ROSALÍA

 Encántanos o Día de Rosalía. Entrar na súa obra,  é percorrer a paisaxe, a cultura e as costumes da nosa Galiza, e afondar nos sentimentos que lle impulsaban a escribir, tan intensos e fermosos versos. O alumnado reproduciu algunha destas xoias da súa emblemática obra Cantares Gallegos, por medio de cancións, como Alborada, versionada por Uxia ou Migallas na súa pegadiza interpretación do Eu ben vin estar o moucho.

Pincha na imaxe para acceder á galería.