TRABALLAMOS A PAZ DENDE A TOLERANCIA


 
30 de Xaneiro 2015, Día da Paz





PAZ=TOLERANCIA




Obxectivos



  • Coñecer o significado da data.

  • Investigar e coñecer a figura de Malala (Último premio Nobel pola Paz)

  • Educar para a Paz e a Tolerancia



Actividades a desenvolver:



  • Pequeno traballo de investigación sobre Malala

  • Os alumnos crearán o seu propio poema relacionado co tema (paz=tolerancia) estes recolleranse o día 28 de xaneiro e colgaranse no mural POEMAS POLA PAZ. O formato do poema será un cuarto de folio.

Cada aula seleccionará un poema e o poema seleccionado quedará na aula para ser lido en voz alto o día da celebración.

  • O alumnado debuxará a silueta da súa man e escribirá unha acción relacionada coa tolerancia que se pegará no mural PAZ=TOLERANCIA



Acto do Día da Paz

  • Presentación e pequena exposición sobre o significado desta data.
  • Lectura dos poemas seleccionados por aulas.
  • Composición dun mural coas siluetas das mans
  • Escenificación da canción:

     Somos unha marea de Xente (MACACO)


RECURSOS:

COMIC MALALA

WEB QUEST MALALA

OUTROS ENLACES 


Este venres, 30 de xaneiro, celebramos o Día da Paz lembrando a Malala, recitando poemas, facendo o mural das mans e cantando "Somos unha marea de xente". Entre todos fixemos posible un acto que resultou moi fermoso.

FOTOS

TEMPO DE NADAL



Nestes días, a biblioteca recolleu unhas cartas moi especiais, porque nelas non pediades nada material, dirixidas aos Reis Magos, que recopilaremos nun libro para que todos/as as poidades ler.
Aquí tedes unha pequena mostra.