TEMPO DE NADAL


O martes 17, tivemos un concerto da Banda de Música  da Escola Naval, cun repertorio moi variado no que predominaban as cancións infantís e navideñas. Este concerto tivo un aspecto moi didáctico porque o Director, mostrounos cada instrumento e o seu son.
A conexión da Banda co noso público foi extraordinaria e o resultado un éxito.




https://drive.google.com/drive/folders/16rPXS2vj206bpGrudtyTS-UUg_XaxeT6?usp=sharing



 O martes, día 18, un grupo de nais do equipo de nais e pais lectores, deleitáronnos cunha representación moi divertida titulada "Cando Martiña tivo ganas de mexar na noite de Reis".
Como podedes ver polas fotos, pasámolo de marabilla e dende aquí dámoslles as grazas a estas xeniais actrices, pola súa entrega e o seu bo facer.
Moitísimas grazas!

https://drive.google.com/drive/folders/1ByLBnrPYjFQADDeKFISSYYd3rjwSGt14?usp=sharing

O mércores 19, gravamos o segundo programa de  "Radio Evaristo" con participación de todos os cursos e con temas moi variados. tamén houbo, coma non, algunha panxoliña.

https://drive.google.com/drive/folders/1DwnnKM0-Y7VKztFmLK1lSeUWLpCaYNpq?usp=sharing


Xa temos as nosas recomendacións lectoras para que vos axuden á hora de escribir a carta aos Reis Magos.

GUÍA DE NADAL

TEATRO "A deforestación"

Hoxe asistimos durante o tempo de lectura, a unha representación, encadrada no noso proxecto, feita polo alumnado de cuarto,  que resultou sensacional.
A música de fondo estivo a cargo de Micaela co seu violonchelo.
O tema, como podedes comprobar polas fotos, é a deforestación dos nosos bosques.
Noraboa a tod@s!


MAGOSTO

O día 13 celebramos o magosto no cole con degustación de castañas e con xogos axeitados. en primeiro lugar saíron a xogar os alumnos de Infantil e por último o alumnado de Primaria. O magosto fixémolo todos a un tempo e as castañas estaban boísimas.


MAGOSTO
https://drive.google.com/drive/folders/1utBbWiS49vKbwtkQGwDqrhaQACDi3L_Q?usp=sharing



XOGOS
https://drive.google.com/drive/folders/1LCddlAIxKh0vVRDJ4pBBvJliR3G246Z1?usp=sharing

Este venres, 23 de novembro, fixemos un apadriñamento lector, que como xa sabedes , aos rapaces de 5º e 6º curso asígnaselles un alumno de Infantil que vai a ser o seu afillado lector durante o curso.
Esto supón para o alumnado unha responsabiblidade máis, tanto na preparación da lectura, coma no vínculo que se establece na relación cos pequenos.

https://drive.google.com/drive/folders/1KcQeolC744W1B-ndzw_VFjdJKCQpN-jP?usp=sharing

NAIS E PAIS LECTORES

Este curso, coma nos anteriores, temos a enorme sorte de contar cun equipo de nais e pais moi xenerosos, porque nos regalan un anaquiño do seu tempo para deleitarnos coas súas voces: agarimosas, ledas, misteriosas, cálidas...sempre dispostas a facernos pasar un rato moi agradable.
Contamos con vós!!!


https://drive.google.com/drive/folders/1cG6QRCd7pY7u6eR9LDsu_J7N8XQipqVn?usp=sharing

FORMACIÓN DE USUARIOS

A nosa biblioteca funciona xa a "fume de carozo" e tod@s, pequenos e grandes, estana a utilizar con moito tino. Nótase que estiveron moi atentos na Formación de Usuarios que tod@ tiveron  durante este mes.
Podédedelo comprobar mirando as fotos.

https://drive.google.com/drive/folders/1L4PDj42NuERm8_EP0fyhRPViekqYD2xQ?usp=sharing

PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO

Neste curso imos a traballar:

 O CONSUMO SAUDABLE

 Resultado de imagen de medio ambiente

 Comezando cunha reflexión sobre a situación da Terra, para tomar conciencia da repercusión que o noso xeiro de vida pode afectala.

Proxecto consumo 1º trimestre 

ULTIMAS PUBLICACIÓNS

Como cada ano, aquí temos a nosa revista Froebel, feita coa colaboración de todos,  que ven a lembrarnos moitos momentos vividos ao longo deste curso escolar.
Moi boas vacacións para tod@s!!!




ENTREGA DE PREMIOS

Onte, día 11, realizouse a entrega de premios ao alumndo seleccionado nos tres concursos xa rematados, Desafío matemático e cultural, Certame de poesía e concurso de Contacontos, nos que se premiou ademáis do esforzo e participación, tamén o saber facer.
Noraboa a tod@s!!!

file:///media/elisa/BIBLIOTECA/entrega%20premios%2018/DSCN9614.JPG



Gañadores do I Certame de Poesía

Categoría A:  Emilia López Leal   “Campo, terás que esperar”

Categoría B: Maia Sanmartín Valiño  Todo o mundo”

Categoría C: Mario Lago Beloso   Poesía da paz”

Categoría D:  Fidel López Leal   “O buscador de romeiro”

Categoría E: Lía Illán Rodríguez   Vida”

Categoría F:  Rosalía Domínguez Estévez   A imaxinación”


 Gañadores do IV Concurso de Contacontos

Anxo Fernández Curra...  1º
Sofía Valle Danta.............2º
Mario Lago Beloso............3º
Anxo Fernández Curra... 1º
Sofía Valle Danta..............2º
Mario Lago Beloso.............3º
Pedro Carramal Peña........4º
Lía Illán rodríguez............5º
Noa Fernández Curra......6º



IV CONCURSO DE CONTACONTOS

Comezou hoxe a 2ª fase do Concurso de Contacontos na que os finalistas volverán a contar os seus contos,  agora na biblioteca, e ante un xurado composto por cinco mestres e unha nai do equipo de nais lectoras.
Moita sorte e noraboa aos finalistas!!!


IV CONCURSO DE CONTACONTOS


FINALISTAS


CURSO
Anxo Fernández
Uxía García
Lola Saavedra
Pablo Touriño

Elena Martínez
Antón García
Sofía Valle

Mario Lago
Nerea Fernández
Alba Prado
Alba Trabazo

Miguel Alonso
Aixa Oshi
Pedro Carramal



1ºA
1ºA
1ºB
1ºB


3ºA
3ºA
3ºB
3ºB

Lía Illán
Eva González
Adam Amir
Clara Pulgar
Lois Sanmartín
Lucas Vázquez

Irene Rodríguez
Noa Fernández
María Falcón






5ºA
5ºA
5ºA
5ºB
5ºB
5ºB


ENQUISAS SOBRE O FUNCIONAMENTO DA BIBLIOTECA

IMPORTANTE!!!
Valora a túa biblioteca cubrindo a seguinte enquisa:

ENQUISA PROFESORADO

ENQUISA ALUMNADO

Apadriñamento Lector

Onte o alumnado de 5ºA saíu á Praza de Concepción Arenal para lerlle contos ao alumnado de Infantil, como podedes ver nas fotos, e coma sempre, a actividade resultou moi interesante  e do gusto de todos, maiores e pequenos.

.

NAVEGANDO ENTRE PAPEL E CONTOS

Onte tivemos en Infantil un obradoiro titulado Navegando entre papel e contos mar adiante, que resultou super chulo como podedes comprobar.


I CERTAME DE POESÍA

Xa coñecemos aos FINALISTAS do I CERTAME DE POESÍA celebrado no noso colexio.
Noraboa a to@s!!!

FINALISTAS

CONTACONTOS

Hoxe tivemos a visita da actriz Sabela Gago, directora de Sarabela Teatro e o pasamos xenial na súa compaña porque resultou moi divertida e participativa.
Sabela interpretou o contacontos para o alumnado de 1º e 2º curso.


DÍA DO LIBRO

Este ano celebramos o Día do Libro saíndo a desfrutar da lectura á Praza de Concepción Arenal.
A experiencia resultou moi gratificante para todos, como poderedes ver polas fotos, e pensamos repetila en máis ocasións.

1º e 2º cursos


3º e 4º cursos


Apadriñamento do alumnado de 5º e 6º ao alumnado de Infantil


23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO

O próximo luns, día 23 de abril, celebraremos o Día do Libro no colexio, de xeito moi especial, porque sairemos á Praza de Concepción Arenal para facer unha lectura ao aire libre e desa maneira, darlle máis visibilidade e protagonismo aos libros.

Resultado de imagen de dia do libro

LETRAS GALEGAS 2018



Resultado de imagen de VICTORIA MORENO
 " A miña relación con Galicia
e a miña opción pola súa lingua
é simplemente unha historia de amor"

Mª Victoria Moreno é a escritora homenaxeada este ano pola Real Academia Galega.
Ensinou a toda unha xeración de mozas e mozos a amar a vida, a literatura e a levar adiante os proxectos máis fermosos.
Algúns dos seus libros máis coñecidos:
Mar adiante, O cataventos, A festa no faiado, Leonardo e os fontaneiros, Eu conto, ti cantas...

 Proposta de actividades dende a biblioteca e DLG
  • Recadar información sobre a vida e obra de Victoria Moreno
  • Lectura dalgún dos seus libros
  • Mural colectivo onde se recolla: portadas ilustradas, acrósticos, información,  prensa...
Recursos 

Selección de libros na biblioteca
 O día das Letras Galegas - Seminariogalan.org


Final do Desafío


Rematou o DESAFÍO e xa temos os gañadores deste curso:

OS REIS DAS MATES de 1ºB
CASTAÑA DOURADA de 2º
AS TRASNAS BAILONAS de 3ºA
AS PLANTAS VIAXEIRAS de 4º
AS FOLLAS de 5ºA
MATSTARS de 6º

Noraboa a tod@s!!!

EXPOSICIÓNS ORAIS

Ola a tod@s!
Xa estamos no 3º trimestre, coas pilas cargadas, e máis vale,  porque nos espera unha programación moi completa.
O 2º trimestre rematou con exposicións orais en todos os cursos sobre os animais do bosque, que resultaron superinteresantes.
Aquí tedes algunhas fotos:


1º curso

2º curso


3º curso


4º curso





5º curso




OBRADOIROS NO COLEXIO

Estes días desenvolvéronse no colexio varios obradoiros, todos eles moi interesantes, que nos proporcionaron moita información, nos ensinaron a poñela en prática e nos deixaron moi bo sabor de boca.
GRAZAS e esas nais que quixeron compartir con nós o seu tempo e ensinanzas.

Obradoiro das emocións

Obradoiro de hixiene dental



Obradoiro de pintura



VISITA A SANTIAGO DE COMPOSTELA

Onte, 13 de marzo, estivemos en Santiago o alumnado de sexto xunto co alumnado da escola Cavour de Catania co obxectivo de visitar o noso Parlamento e mostrarlles aos nosos invitados a cidade e por suposto a catedral.
Antes de nada subimos ás cubertas e, repartidos en dous grupos, escoitamos as explicacións das guías e puidemos ver de moi preto as torres, moitos detalles que só estando enriba se poden observar e desfrutar dunha vista impresionante da cidade.

/media/elisa/KINGSTON/Santiago/100NIKON/DSCN8952.JPG

24 de febreiro, DÍA DE ROSALÍA

DÍA DE ROSALÍA 2018

Lema: “Abride a fiestra de Rosalía”


Obxectivos
• Mergullarse na figura literaria de Rosalía para coñecela mellor
• Valorar a creación literaria de Rosalía
• Motivar ao alumnado na lectura de poemas
• Mellorar a lectura expresiva en galego

Actividades
• Repaso da figura literaria de Rosalía lendo algún dos seus poemas.
• Transcrición dalgún verso solto ou poema completo para a composición dun mural colectivo e para adornar as fiestras das aulas.
• Involucrar ás familias para que aporten materiais coa finalidade de publicalos nas redes sociais do colexio.

Agúns poemas de Rosalía de Castro musicados:

"Airiños, airiños, aires"

"Adios ríos, adios fontes"

"Negra sombra"

ENTROIDO NO COLE

Este venres pasado celebramos a festa do Entroido no patio do CEIP FROEBEL
e o pasamos sensacional. Desfilamos polo escenario, algunhas clases con coreografía e todo como podedes ver nas fotos que van a continuación, tamén merendamos toda unha variedade de postres riquísimos que cada ano supera ao anterior, e por último bailamos e o pasamos xenial.

https://myalbum.com/album/2zuCdntoP6pH


AS MELLORES CARTAS AOS REIS MAGOS

Este mércores, entregáronse os agasallos aos alumnos e alumnas que foron seleccionados por ter escrito as mellores cartas aos Reis Magos. Como todos recordaredes, estas cartas eran de carácter inmaterial e foron entregadas personalmente ás Súas Maxestades.
Neste acto, que tivo lugar no patio e ao que asistiu todo o cole, contamos coa colaboración de dúas nais do Equipo Lector que tamén foron as que nos proporcionaron os agasallos.
Grazas pola axuda que sempre nos dades e...

NORABOA A TOD@S !!!
 






https://myalbum.com/album/nBOFaOw6yTaz

APADRIÑAMENTO LECTOR

Hoxe tivo lugar un apadriñamento lector entre o alumnado de 5º e 6º curso e o alumnado de Infantil. Este encontro é sempre moi desexado e unha vez máis resultou moi fermoso e enriquecedor.

https://myalbum.com/album/2w2lDJtmJ8TD

ONDA CERO "Dálle á lingua"




Este é o enlace onde podedes re-escoitar a vosa participación en DÁLLE Á LINGUA DE ONDA CERO PONTEVEDRA.
 

DÍA DA PAZ

O martes, 30 de xaneiro, celebramos o Día da Paz cun acto no que houbo dramatizacións moi atinadas, recitado de poemas, composición dun precioso mural e que rematou coa canción Celebra la vida.




Lema:  As cores da Paz 

Obxectivos
Coñecer o significado da data.
Educar para a paz e a tolerancia.
Coñecer persoas que traballaron pola paz

Actividades a desenvolver:
Lectura de contos que tratan estes temas (Selección na biblioteca)
Desenvolvemento de actividades propostas: unidades didácticas, personaxes significativos…
Creación de poemas, acrósticos, acrónimos…  arredor da paz.
Composición dun mural colectivo, un arco da vella, no que cada curso decorará un aro da cor que lle corresponda.

Acto do Día da Paz
Presentación e pequeña exposición sobre o significado da data.
Lectura de poemas que falen de Paz.
Composición do mural colectivo, no que cada aula colocará a súa parte.

Canción: Celebra la vida (Axel)



Recursos
Fondos biblioteca
Blog da biblioteca