APADRIÑAMENTO LECTOR

Onte, tivo lugar o primeiro Apadriñamento lector do curso e como podedes ver a continuación nas fotos, foi todo un éxito. O alumnado de 5º e 6º curso tiña moi ben preparadas as lecturas e os pequenos desfrutaron coa actividade.
Noraboa!!!

 Apadriñamento lector

MAGOSTO

Hoxe tivemos o magosto e comemos castañas ata fartarnos, porque estaban boíiiiisimas.
Ao rematar, tivemos un circuíto de xogos polo que foron pasando todos os cursos no que colaborou de xeito especial o alumnado de sexto.


 Magosto 2017

VISITA A LOURIZÁN

Por mor do proxecto que estamos realizando  UN PASEO POLO BOSQUE, visitamos o pazo de Lourizán e as súas instalacións para tomar contacto coa natureza e aprender moito máis arredor das   plantas.

EXPOSICIÓN DE CABAZAS

Xa temos gañadores do concurso de cabazas, pero antes de nada cómpre felicitar a todas as familias pola enorme participación e o derroche de creatividade que ano tras ano nos asombra e deleita.
Grazas pola colaboración!

As familias  elexiron as seguintes:

         PRIMARIA                                                                        INFANTIL

                                                                                 

Click to view full size imageClick to view full size image


O profesorado, logo dunha votación , elexiu tres:


PRIMARIA

      
Click to view full size image     Click to view full size imageClick to view full size image


INFANTIL


Click to view full size imageClick to view full size imageClick to view full size image


NORABOA A TOD@S!!!

Samaín

Este venres celebramos o Samaín con música, merendas tenebrosas e moitísimo medo que nos produciu a lectura de contos terroríficos na que participaron todos os cursos e que resultou un éxito.


 Lecturas Samaín