CERTAME DE CONTACONTOS

Como en anos anteriores, celebrouse o CERTAME DE CONTOS e aquí tedes a lista de finalistas. Entre eles están os gañadores, pero non o imos decubrir porque queremos que sexa unha sorpresa para o día da entrega de premios.

CERTAME DE CONTOS





FESTA DOS MAIOS

Este ano, coma sempre, participamos na Festa dos Maios que se celebrou, tamén coma sempre, na praza da Ferraría.
Alí estivemos nais, pais, nenos/as, profes e demáis acompañantes, cos nervos a flor de pel, cansados por o traballo dos días anteriores pero satisfeitos do resultado: un maio e unha coroa moi ben elaborados e unha representación por parte dos rapaces, moi ben feita.
O resultado acadado foron dous premios: un terceiro premio en interpretación e un segundo premio na coroa que nos levantou o ánimo e nos deu pulo para seguir nesta liña e continuar participando.
 Está claro que esta actividade, por a complexidade que supón,  non se podería realizar sen a colaboración das familias, que estiveron presentes en todo momento, tanto na recollida de materiais como na elaboración do maio e da coroa, por iso, desde aquí, queremos enviarlle o noso agradecemento:
                                                            
 Sodes un grupo de nais/pais extraordinario.

 GRAZAS   a tod@s!




VIDEO MAIO




Visit My Photos - 25 Pics



maio 2015