O NOSO MAIO

Coma todos estes anos, ao chegar a primavera, lembramos que temos que organizar o maio e o primeiriño que debemos facer son as coplas que se van a cantar na Ferraría, para logo comezar a ensaialas á volta das vacacións de Semana Santa.
Para iso, os rapaces comporán coplas no colexio, pero precisamos da colaboración das familias, porque as coplas deben criticar aspectos da vida municipal: festas, urb
anismo, goberno, deportes..., temas que os nenos coñecen menos. Agardamos as vosas aportacións que podedes mandar a través dos vosos fillos/as.
A continuación  vai unha folla explicativa.

Clica na foto


APADRIÑAMENTO LECTOR

O venres, día 9 de marzo, o  alumnadode 5º e 6º curso realizou o segundo apadriñamento lector cos nenos e nenas de 3, 4 e 5 anos. Coma sempre gozaron todos, pequenos e grandes,  dun rato moi agradable.


http://www.kizoa.es/Editar-Videos-Movie-Maker/d101636551k7401526o1l1/apadriamento-lector-ii-trimestre

Viaxe a Santiago

Este martes, día 15, o alumnado de sexto do noso colexio xunto co alumnado da escola Cavur de Catania visitamos o Parlamento, a catedral e o Museo do Pobo Galego.
A visita resultou moi interesante pois contamos cun guía que fíxonos participar de xeito práctico con discursos, debates, propostas...

FOTOS

SEMANA DA PRENSA

Durante esta semana estívose traballando nas aulas tendo como soporte principal, a prensa. Na aula de primeiro curso o alumnado puido contemplar periódicos de diferentes países: China, Xapón, Dinamarca, Exipto... gracias á colaboración das familias.

http://www.kizoa.es/Editar-Videos-Movie-Maker/d101624878k7293704o1l1/sin-ttulo-


DÍA DA MULLER

Por mor do Día da Muller, tivemos unha charla en cuarto curso sobre violencia de xénero que resultou moi interesante.

http://www.kizoa.es/Editar-Videos-Movie-Maker/d101438764k7940292o1l1/sin-ttulo-

DÍA DA MULLER

Día da muller: 8 de marzo 2017

Obxectivos

  • Coñecer os traballos realizados polas mulleres ao longo da historia.
  • Reflexionar sobre a situación social da muller: familia, contorno…
  • Valorar a importancia da igualdade de oportunidades entre os homes e as mulleres
  • Reflexionar sobre o respecto nas relacións humanas.
Actividades


  • Investigación e documentación sobre mulleres que destacaron ao longo da historia nos distintos campos: científico, artístico, social, cultural...
  • Confección dun mural coas aportacións das distintas aulas.

FESTA DO ENTROIDO

Este venres, día 24, celebramos no patio do colexio o Entroido, e tal como estaba previsto tivemos fesfile por cursos, gran merenda larpeira e baile.
Hai que sinalar que tamén tivo lugar o remate do concurso de baile no que participaron moitos alumnos/as e que rematou con dous gañadores:
En categoría individual: Irene Rodríguez Vence.
En categoría de grupo:Nuria Mallo Iglesias e Noa abad Castro