Por fin puidemos celebrar o magosto despois de intentalo en varias ocasións, pero unhas veces por ocupacións e outras polo mal tempo, foio demorándose ata onte.
As castañas foron suficientes; aínda sobraron unhas poucas, e estaban moi ricas.
despois da degustación organizáronse os xogos, nos que colaborou o alumnado de sexto curso, encargándose de cada xogo e das explicacións pertinentes.
A xornada comezou coa celebración do Día Internacional contra a violencia de xénero, no que ademáis de falar do tema, observamos unha danza que un grupo de rapazas prepararon, confeccionamos un mural coas mans de todos e por último cantamos a canción de Rozalén "Una puerta violeta.