BENVIDA


Ola a todas e todos!

O día 14 a biblioteca abrirá as súas portas, pero antes teremos  formación para todos os usuarios, ou sexa que todos os cursos pasarán pola biblioteca para lembrar  normas básicas para o seu uso mediante a realización dalgunhas actividades.
Coma en anos anteriores, os alumnos e alumnas de sexto colaborarán durante o recreo como axudantes e poderán facer as funcións de préstamo e devolución.
O Equipo  de biblioteca xunto con Evaristo, a nosa mascota, deséxavos un bo curso con moitas e marabillosas lecturas e espera vervos pronto por alí.

Resultado de imagen de buho lector