Antón Fraguas Fraguas
Xa sabedes que o escritor homenaxeado este ano é Antón Fraguas, que naceu en Cotobade no 1905. Foi antropólogo, xeografo e escritor, pero que se destacou sempre polo seu amor a Galicia, folclore, costumes, tradicións... e como non, á súa lingua.
Desempeñou cargos moi importantes chegando a formar parte da Real Academia Galega ocupando a cadeira que deixara Castelao e chegou a ser Diector do Museo do Pobo Galego finando no 1999.
Temos unha exposición no corredorda súa vida e obra que podedes revisar e un fermoso mural na entrada cos traballos que fixestes nestes días.
Seguiremos lendo as súas obras.
Recursos
Selección de libros na bibliotecaO día das Letras Galegas - Seminariogalan.org