8 DE MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA


Co obxectivo de coñecer e valorar a figura da avoa, este ano queremos adicar este día a elas. Esas mulleres que ocupan un segundo plano, porque están na sombra, case non se ven, pero son fundamentais nas familias, sempre o foron. Algunhas teñen moito que contar..., outras menos..., pero non por iso son menos importantes e elas deberán ser as protagonistas das vosas historias.
Ánimo rapaces!!!



Avós e avoas


ALGÚNS RECURSOS


Día da Muller Traballadora bibliocole

Sindicato da muller




Actividades propostas pola biblioteca


Obxectivo:

Coñecer e valorar a figura da avoa

Proposta de traballo:

. Descubrir como é a miña avoa, coñecendo gustos, distracións, ocupacións, anécdotas

. Compoñer un relato tendo en conta o que averiguaches; no que ademais, se faga unha descrición física e psicolóxica dela.

. Carta á miña avoa onde reflexe os sentimentos que me inspira.

. Relato dunha anécdota que ela che contou ou que ti viviches con ela.

. Unha receita especial da miña avoa.

. Exposición dos traballos realizados.