Ola a tod@s!
A biblioteca xa está funcionando e pouco a pouco iremos comezando as distintas actividades.
Os equipos de axudantes están traballando con moita ilusión na procura de que a biblioteca sexa un lugar agradable onde poidamos ler para distraernos e tamén para documentarnos.
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!
Vai dar comezo o concurso dos DESAFÍOS MATEMÁTICOS para o que necesitamos que depositedes na urna situada á porta da biblioteca o papel co nome do equipo e dos participantes.
Ide preparando as neuronas e... ata pronto!
Evaristo