Xa están aí as vacacións de Nadal e dende a biblioteca, querémosvos desexar unhas boas festas con moita ledicia, paz, amor... e mooooitos, mooooitos libros, e... para poder elexir mellor, Evaristo fai a seguinte selección:
O NADAL
Xa están aí as vacacións de Nadal e dende a biblioteca, querémosvos desexar unhas boas festas con moita ledicia, paz, amor... e mooooitos, mooooitos libros, e... para poder elexir mellor, Evaristo fai a seguinte selección:
O DÍA 10 DE DECEMBRO: DÍA DOS DEREITOS HUMANOS
O DÍA 10 DE DECEMBRO CELÉBRASE O DÍA DOS DEREITOS HUMANOS
A promoción e protección dos dereitos humanos foi unha das maiores preocupacións para as Nacións Unidas desde 1945, data na cal os países fundadores da Organización, acordaron impedir que os horrores da Segunda Guerra Mundial se reproduzan.
Tres anos despois, na Declaración Universal dos Dereitos dos Humanos, a Asemblea Xeral expresou que o respecto aos dereitos humanos e á dignidade da persoa humana "son os fundamentos para a liberdade, xustiza e paz no mundo". En 1950 a Asemblea Xeral convidou a todos os Estados membros e ás organizacións interesadas a que observasen o 10 de decembro de cada ano como Día dos Dereitos Humanos.
Co Día conmemórase o aniversario da aprobación da Declaración Universal dos Dereitos Humanos pola Asemblea Xeral en 1948. Co transcurso do tempo, desenvolvéronse un conxunto de instrumentos e mecanismos desenvolvidos para asegurar a primacía dos dereitos humanos e para facer fronte ás violacións dos dereitos humanos dondequiera que ocorra
Se queres buscar máis información, preme na imaxe.
Proposta de traballo nas aulas.
que somos culpables.- 6º curso
Videos recomendados (están na biblioteca ):
Kirikú y la bruja: 1º ciclo
Anni: 2º ciclo
Billy Elliot: 3º ciclo
20 DE NOVEMBRO. DÍA DO NENO
O Día Universal do Neno naceu da recomendación por parte da Asemblea Xeral das Nacións Unidas de establecer unha data consagrada a promover o benestar e a protección dos dereitos dos máis pequenos do planeta, A Asemblea suxeriu aos gobernos de todo o mundo que celebrasen o Día Universal do Neno na data que cada un deles estimase conveniente, e fixou que a ONU celebraría devandito día o 20 de novembro en honra á Declaración dos Dereitos do Neno de 1959 e á Convención sobre os Dereitos do Neno de 1989. Ambos os documentos consagran os dereitos da infancia no ámbito internacional, dereitos inalienables e irrenunciables, polo que ningunha persoa pode vulneralos baixo ningunha circunstancia.
O obxectivo do Día Universal do Neno é facer recordar aos cidadáns que son precisamente os máis pequenos, os máis fráxiles ante os problemas do mundo.
Esta data evoca a necesidade de que a infancia debe ter o dereito a unha educación, coidado e protección independentemente do lugar do mundo no que teña nacido.
Este ano, na escola, imos a traballar o nº 8:.
8. Dereito a ser o primeiro en recibir axuda en caso de desastre
UNICEF España asegurou que a situación dos nenos nas zonas máis afectadas polo tifón Haiyan en Filipinas é terrible porque están sen nada. O máis necesario é a auga e os medios para evitar enfermidades. Aínda se descoñece o número de nenos e nenas que finaron.
Unha boa nova
A semana que vén, inauguraremos a nosa biblioteca e, como vos podedes imaxinar, hai unha morea de novidades, pero a máis importante é, sen dúbida, que temos......
Moitos libros novos!!!
Comezaremos tamén coa formación de usuarios, e para iso, todos os cursos pasarán pola biblioteca para coñecer como están organizados os fondos e ... como non? algunhas normas básicas para o seu uso.
Lémbrovos que podedes vir á biblioteca sempre que queirades e non vos esquezades do carnet se queredes levar algún libro.
Se aínda non tedes o marcador listo, bulide a preparalo e....
Contamos con tod@s!!!!
A nosa esperada biblioteca
Que tal empezastes o curso?
Estou desexando que a biblioteca se abra porque teño moitas ganas de vervos.
Os profes din que xa falta pouco, que antes teñen que colocar todos os libros nos estantes e retirar os que estean vellos, pero eu cánsome de tanto esperar.
Polas noites, fártome de voar polos corredores acarrexando libros, os máis pequenos, por ver de rematar canto antes este trasiego.
Mentres, non vos esquezades de publicar no blog os comentarios dos libros que vaiades rematando.
Unha aperta moi grande!!!!
Evaristo
GUÍA DE VERÁN
Dende este recuncho, queremos aconsellarvos a tod@s algunhas lecturas para este verán e desexarvos unhas boas vacacións e .....
moooooooitos libros!
VISITA DE RICARDO GÓMEZ
O martes 21 de maio, visitounos o autor do libro OJO DE NUBE e tivemos a oportunidade de coñecer mellor o seu traballo como escritor.
Asistiron moitas familias cos seus fill@s e queremos agradecer desde aquí a súa presencia.
ENTREGA DE PREMIOS
O día 22 de maio tivo lugar, no noso centro, a entrega de premios ao alumnado seleccionado no Concurso de Caroutas, no Concurso de Lectura e no Certame de Contos.
Felicitamos desde aquí aos/ás gañadores/as e finalistas e animamos a todos a continuar esforzándose porque sabemos que ese é o camiño que conduce ao éxito.
O noso maio
Como xa sabedes, participamos na Festa dos maios na Ferrería e acadamos o 2º premio na categoría de coroas. Estabamos moi ilusionados porque o maio estaba moi bonito e os rapaces cantaron moi ben, pero está claro que o xurado non era da mesma opinión. De todos os xeitos, pasámolo moi ben indo a buscar os materiais o luns pola tarde, cosendo flores o martes á mañá e confeccionando maio e coroa o martes á tarde, "man con man", profes, nais, pais e algúnhas antigas alumnas.
LETRAS GALEGAS
FESTA DOS MAIOS
Xa estamos nos últimos días de preparación do MAIO.
Hoxe, día 29, ás 16:30 horas, saímos á procura de fiúncho e flores e mañá á mesma hora, comezamos coa elaboración do maio e coroa, e coma sempre, necesitamos da colaboración dos adultos na medida en que cada un poida.
CONTAMOS CON VÓS!!!
APADRIÑAMENTO LECTOR
O resultado podedes miralo vós mesmos nestas fotos...
DÍA MUNDIAL DO LIBRO
O día 23 de abril é o Día Mundial do Libro onde lembramos as figuras de Cervantes, Shakeaspeare e o Inca Garcilaso de la Vega que finaron no ano 1616.
Dende a biblioteca queremos celebrar este día tan especial coas seguintes actividades:
- Apadriñamento Lector: Alumnado de 5º co alumnado de Infantil de 3 e 4 anos.
- Lectura do Quixote coa participación de todas as aulas.
- Ceremonia de Entrega de premios do 2º Concurso de Lectura.
- Actividades diversas en cada un dos ciclos.
RESULTADO DO II CONCURSO DE LECTURA
1º NIVEL
1º Premio:
· Irene Rodríguez Vence
Finalistas:
· Iria González Abollo
· Daniel Buceta Calvo
2º NIVEL
1º Premio:
· Guang Li Sanmartín Ruibal
Finalistas:
· Aurora Rodríguez Pérez
· Antonio Poceiro Couto
3º NIVEL
1º Premio:
- Miguel Monteagudo Vázquez
- André Cancela Abalo
- Lidia Barba San Antonio
- Olalla Graña Araújo
1º Premio:
- Sara Rodríguez Vence
- Xulia Ramos Sánchez
- Fabián Freire San Luis
1º Premio:
· Paula Piñón Penela
Finalistas:
· Beatriz Beloso Gómez
· Óscar Acuña Vázquez
· Diego Mirón Jiménez
6º NIVEL
1º Premio:
· Isaac Barreiro López
Finalistas:
· Victoria Caro Barreiro
· Ricardo Antón González Santiago
CERTAME DE CONTOS
Agardamos a túa participación!!!
II CONCURSO DE LECTURA
Á volta das vacacións de Semana Santa levaremos a cabo o II Concurso de Lectura en voz alta.
Terá dúas fases. Na primeira, que terá lugar do 8 ao 12 de abril, farase unha selección de participantes a nivel de aula e os textos elixidos serán libres: un narrativo e un poético, un galego e outro en castelán.
Na segunda fase, que terá lugar do 15 ao 20 de abril, seleccionarase un gañador/a por cada nivel e os textos serán propostos polo xurado.
Os/as alumnos/as p remiados/as recibirán un agasallo que se lles entregará o día 22 de abril.
ÁNIMO E A PARTICIPAR!!!
FESTA DO MAIO
Un ano máis, imos participar na Festa dos Maios.
Todos e todas podedes participar compoñendo coplas. Durante o mes de abril faremos unha selección e comezaremos os ensaios para estar a punto o día primeiro de maio.
Necesitamos a vosa colaboración.
Ánimo!!!
DÍA DA MULLER TRABALLADORA
Aquí vos deixamos algúns recursos que podedes utilizar
LECTURAS ACONSELLADAS:
24 de febreiro DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO
Consulta os seguintes enlaces para aprender máis cousas obre esta gran escritora galega:
Blog do CEIP Saco e Arce
CEIP de Andrade- Pontedeume
Rede lectura
http://www.edu.xunta.es/centros/ceipnosasenhoradexuvencos/node/436
O ENTROIDO
Para que poidades aprender e gozar desta festa, aquí tedes unha mostra de actividades que podedes realizar:
https://sites.google.com/site/bibliocole/entroido-recursoseducativos?pli=1
http://dl.dropbox.com/u/13783708/librolim_entroido_tradicional/lim.swf?libro=o_entroido_tradicional_galego.lim
DÍA DA PAZ
Este ano, o noso lema foi: "Compartir tamén é paz"
Xuntámonos no patio alumnos e profesores para celebrar este día.
Os alumn@s de sexto, presentaron o acto e amosáronnos aos personaxes que ao longo do tempo destacaron pola súa labor en favor da Paz. Moi bo traballo! e a continuación, eles mesmos interpretaron o Himno á alegría.
Entre tod@s compuxemos un mural de pingas: amor, amistade, xenerosidade, colaboración respecto... Cando rematamos, cantamos a canción Lluvia de amor.
Fina Casalderrey, novo membro honorario da Real Academia Galega
Dende o noso colexio queremos felicitar con moito cariño a Fina Casalderrey por este nomeamento tan merecido.
Noraboa, Fina!!!
Éste es el verdadero significado de la paz.
sacaría esas minas de la tierra y plantaría rosas.
Si mis manos pudieran mover el sol, haría que llegara agua donde todo es desolación.
Si pudiera pedir tan solo un milagro, te diría que lloviera para todos,
paz y amor por muchos años.
Lluvia, lluvia de amor sobre la tierra, lluvia de esperanza que cayera desde un cielo azul,
que todo el mundo tenga luz.
Lluvia, lluvia de amor sobre la tierra, lluvia de esperanza que cayera desde el norte a sur
allí donde vives tu.
Yo quisiera escribir ahora mismo un libro, dedicado a los mayores y firmado en nombre de los niños.
Yo quisiera llamar a la sinrazón, y explicarle q esta vida no funciona sin un corazón.
Si pudiera pedir tan solo un milagro, te diría que lloviera para todos paz y amor por muchos años.
Que llueva amor, que llueva amor.
Lluvia, lluvia de amor sobre la tierra, lluvia de esperanza que cayera desde un cielo azul,
que todo el mundo tenga luz.
Lluvia, lluvia de amor sobre la tierra, lluvia de esperanza que cayera desde el norte al sur,
allí donde vives tu.
No quiero guerras, yo quiero flores, yo quiero que la gente mueva sus corazones.
No quiero guerras, yo quiero flores, yo quiero que la gente mueva sus corazones.
No quiero guerras, yo quiero flores, yo quiero que la gente mueva sus corazones.
No quiero guerras yo quiero flores, yo quiero que la gente mueva sus corazones.
Lluvia, lluvia, lluvia, love, love. Lluvia, lluvia, lluvia, love, love. Lluvia.
Actividades online:
http://dl.dropbox.com/u/13783708/librolim_paz/dia_da_paz.html
https://sites.google.com/site/dereitoshumanospaztransversais/