Unha boa nova
A semana que vén, inauguraremos a nosa biblioteca e, como vos podedes imaxinar, hai unha morea de novidades, pero a máis importante é, sen dúbida, que temos......
Moitos libros novos!!!
Comezaremos tamén coa formación de usuarios, e para iso, todos os cursos pasarán pola biblioteca para coñecer como están organizados os fondos e ... como non? algunhas normas básicas para o seu uso.
Lémbrovos que podedes vir á biblioteca sempre que queirades e non vos esquezades do carnet se queredes levar algún libro.
Se aínda non tedes o marcador listo, bulide a preparalo e....
Contamos con tod@s!!!!