Celebramos o Entroido, todos xun tos, despois do recreo. Baixamos ao patio e desfilamos polo escenario, todas as clases, empezando polos máis pequenos, os de Infantil, que estaban guapísimos e moi ben caracterizados.
Os disfraces tiñan que ser da Idade Media; entón os de Infantil ían de bufóns; os de primeiro ciclo, de campesinos; os dde segundo ciclo, de damas e cabaleiros, e os de terceiro ciclo, de clero.
Cando rematou o desfile merendamos os sabrosísimos postres que prepararon as familias e pasámolo moi ben bailando e brincando.
Entroido 2014 - Video Maker">
8 DE MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA
Co obxectivo de coñecer e valorar a figura da avoa, este ano queremos adicar este día a elas. Esas mulleres que ocupan un segundo plano, porque están na sombra, case non se ven, pero son fundamentais nas familias, sempre o foron. Algunhas teñen moito que contar..., outras menos..., pero non por iso son menos importantes e elas deberán ser as protagonistas das vosas historias.
Ánimo rapaces!!!
ALGÚNS RECURSOS
Día da Muller Traballadora bibliocole
Sindicato da muller
Actividades propostas pola biblioteca
Obxectivo:
Coñecer e valorar a figura da avoa
Proposta de traballo:
. Descubrir como é a miña avoa,
coñecendo gustos, distracións, ocupacións, anécdotas
. Compoñer un relato tendo en conta o
que averiguaches; no que ademais, se faga unha descrición física e
psicolóxica dela.
. Carta á miña avoa onde reflexe os
sentimentos que me inspira.
. Relato dunha anécdota que ela che
contou ou que ti viviches con ela.
. Unha receita especial da miña avoa.
. Exposición dos traballos realizados.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)