Apadriñamento lector
Onte tivo lugar no colexio, o primeiro apadriñamento deste curso. Como xa sabedes, realízase entre o alumnado de 5º e 6º curso co alumnado de Infantil, e coma sempre resultou moi rico en valores e rebordando sensibilidade.
Día Internacional das Persoas con discapacidade
O día 3 de decembro saímos á rúa para participar na praza da Ferraría na manifestación "Baixo o mesmo paraugas", para amosar coa nosa presencia , o dereito á igualdade de todas as persoas.
MAGOSTO
Por fin puidemos celebrar o magosto despois de intentalo en varias ocasións, pero unhas veces por ocupacións e outras polo mal tempo, foio demorándose ata onte.
As castañas foron suficientes; aínda sobraron unhas poucas, e estaban moi ricas.
despois da degustación organizáronse os xogos, nos que colaborou o alumnado de sexto curso, encargándose de cada xogo e das explicacións pertinentes.
A xornada comezou coa celebración do Día Internacional contra a violencia de xénero, no que ademáis de falar do tema, observamos unha danza que un grupo de rapazas prepararon, confeccionamos un mural coas mans de todos e por último cantamos a canción de Rozalén "Una puerta violeta.

Día Internacional contra a violencia de xénero
O día 25 de novembro celébrase o Día Internacional en contra da violencia de xénero.
Nós temos pensado, para ese día, un pequeno acto con presentación, danza, que un grupo de rapazas ten preparado, e un mural coas mans untadas de cor violeta de todas e todos.
E para rematar, a canción de Rozalén:
Puerta violeta.

OS DEREITOS DA NENA E O NENO
O mércores, 20 de novembro, celebraremos o Día Internacional dos Dereitos da nena e o neno.
Cada grupo traballará un dereito:
- Dereito nº 1: 5ºBº.
- Dereito nº 2: 6ºB.
- Dereito nº 3: 5ºA.
- Dereito nº 4: 3ºA.
- Dereito nº 5: 6ºA.
- Dereito nº 6: 1º.
- Dereito nº 7: INF.
- Dereito nº 8: 3ºB.
- Dereito nº 9: 4º.
- Dereito nº 10: 2º.
E con todos os traballos realizados compoñeremos un mural colectivo.

SAMAÍN
Hoxe celebramos o Samaín coa lectura de contos e historias de medo. Participaron todos os cursos e contamos coa colaboración de dúas nais, extraordinarias contadoras de contos.
O lugar elexido foi, como podedes ver, a escaleira vella.
Tamén houbo algunha sorpresiña que preparamos onte un grupo de nais e profes.
Bo Samaín para tod@s e grazas pola vosa colaboración.
O lugar elexido foi, como podedes ver, a escaleira vella.
Tamén houbo algunha sorpresiña que preparamos onte un grupo de nais e profes.
Bo Samaín para tod@s e grazas pola vosa colaboración.
EXPOSICIÓN DE CABAZAS
Xa están as nosas cabazas expostas e, coma todos os anos, desbordan orixinalidade, esmero e moitas horas de colaboración na tarde do domingo. O resultado é unha auténtica marabilla, posto que hai xoguetes e xogos de todos os gustos.
Noraboa a todos os participantes e ás súas familias.
Noraboa a todos os participantes e ás súas familias.
AXUDANTES
Dende o día 14 deste mes está funcionando a biblioteca coa colaboración dos equipos de axudantes, alumnado voluntario de 6º, que durante os recreos realiza as funcións propias dun bo axudante, entre as que se contan: préstamo/devolución, colocación dos fondos devoltos, mantemento do orden...
Os nosos parabéns polo traballo ben feito.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)