Co obxectivo de coñecer e valorar a figura da avoa, este ano queremos adicar este día a elas. Esas mulleres que ocupan un segundo plano, porque están na sombra, case non se ven, pero son fundamentais nas familias, sempre o foron. Algunhas teñen moito que contar..., outras menos..., pero non por iso son menos importantes e elas deberán ser as protagonistas das vosas historias.
Ánimo rapaces!!!
ALGÚNS RECURSOS
Día da Muller Traballadora bibliocole
Sindicato da muller
Actividades propostas pola biblioteca
Obxectivo:
Coñecer e valorar a figura da avoa
Proposta de traballo:
. Descubrir como é a miña avoa,
coñecendo gustos, distracións, ocupacións, anécdotas
. Compoñer un relato tendo en conta o
que averiguaches; no que ademais, se faga unha descrición física e
psicolóxica dela.
. Carta á miña avoa onde reflexe os
sentimentos que me inspira.
. Relato dunha anécdota que ela che
contou ou que ti viviches con ela.
. Unha receita especial da miña avoa.
. Exposición dos traballos realizados.