Alí estivemos nais, pais, nenos/as, profes e demáis acompañantes, cos nervos a flor de pel, cansados por o traballo dos días anteriores pero satisfeitos do resultado: un maio e unha coroa moi ben elaborados e unha representación por parte dos rapaces, moi ben feita.
O resultado acadado foron dous premios: un terceiro premio en interpretación e un segundo premio na coroa que nos levantou o ánimo e nos deu pulo para seguir nesta liña e continuar participando.
Está claro que esta actividade, por a complexidade que supón, non se podería realizar sen a colaboración das familias, que estiveron presentes en todo momento, tanto na recollida de materiais como na elaboración do maio e da coroa, por iso, desde aquí, queremos enviarlle o noso agradecemento:
Sodes un grupo de nais/pais extraordinario.
GRAZAS a tod@s!
VIDEO MAIO
Visit My Photos - 25 Pics | ||
maio 2015 |