30 de Xaneiro 2015, Día da Paz
PAZ=TOLERANCIA
Obxectivos
- Coñecer o significado da data.
- Investigar e coñecer a figura de Malala (Último premio Nobel pola Paz)
- Educar para a Paz e a Tolerancia
Actividades a desenvolver:
- Pequeno traballo de investigación sobre Malala
- Os alumnos crearán o seu propio poema relacionado co tema (paz=tolerancia) estes recolleranse o día 28 de xaneiro e colgaranse no mural POEMAS POLA PAZ. O formato do poema será un cuarto de folio.
Cada aula seleccionará un poema e o poema seleccionado quedará na aula para ser lido en voz alto o día da celebración.
- O alumnado debuxará a silueta da súa man e escribirá unha acción relacionada coa tolerancia que se pegará no mural PAZ=TOLERANCIA
Acto do Día da Paz
- Presentación e pequena exposición sobre o significado desta data.
- Lectura dos poemas seleccionados por aulas.
- Composición dun mural coas siluetas das mans
COMIC MALALA
WEB QUEST MALALA
OUTROS ENLACES
Este venres, 30 de xaneiro, celebramos o Día da Paz lembrando a Malala, recitando poemas, facendo o mural das mans e cantando "Somos unha marea de xente". Entre todos fixemos posible un acto que resultou moi fermoso.
FOTOS