LECTURAS EN HALLOWEEN

 

Samaín e Halloween é unha data moi especial para nós, porque é unha festividade que celebramos cunha mestura de diversión e medo, que nos fai desexala cada ano, nada máis empezar o curso!!!

Este ano con motivo do retraso das obras, pensamos que non a celebrariamos, pero grazas ás familias, puidemos levala a cabo... no noso recuncho especial....para os temibles .....

...RELATOS DE MEDO!!!!

Aproveitando a arquitectura do noso cole, temos un recuncho cheo de misterio, entre paredes de pedra e escaleiras antigas de madeira chirriantes, lugar, onde escoitar lecturas de medo é unha experiencia incrible. Isto é grazas a marabillosa decoración das familias, que fai que o día de Samaín eHalloween sexa inolvidable. 

Grazas Familias!



FAMILIAS LECTORAS

 Durante o tempo que non puidemos visitar a Biblio, o que si puidemos seguir mantendo foron as visitas dos nosos familiares para contarnos un conto. Como todos os venres últimos de mes, na hora de ler, disfrutamos das visitas dos pais, nais, avós e avoas, tíos, tías, ou padriños e madriñas!

Grazas, familias!



ESTAMOS EN OBRAS!

 Este ano, o inicio das actividades da nosa biblioteca, retrasouse bastante polas obras de acondicionamento do noso centro, que fixo que fose IMPOSIBLE entrar nela.

Mentres todo volvía ao seu sitio, as nosas aulas convertéronse nas illas de lectura que nos permitiron chegar a eses grandes tesouros soterrados, que cada libro ten no seu interior.

E o día de poder abrir chegou. O 24 de outubro, Evaristo agardaba na Biblio, cun agasallo para nós, que recibimos contentísimos e felices, e coa boa nova de que xa podiamos entrar no lugar favorito do noso centro: O recuncho de Evaristo. Aquí temos a mensaxe da nosa mascota para que o disfrutedes. Saúdos!



 8 DE MARZO

Este ano celebramos o 8 de marzo co noso mural realizado por todos os alumnos.




 MARÍA CANOSA 

A escritora María Canosa visita a nosa BIBLIOTECA , para falarnos do seu libro A CAZADORA DE ESTRELAS 

 





 30 DE XANEIRO DÍA DA PAZ




saNmain 

Na BIBLIOTECA do Froebel celebramos SANMAIN






EMPEZAMOS NOVO CURSO !

A nosa mascota da BIBLIOTECA votounos en falta durante o verán.

Deixounos unha fermosa carta 




Os primeiros en visitar a BIBLIOTECA este curso foron os alumnos de 1º, recibiron os seus carnés que Evaristo deixou nesa caixiña especial .










RECOMENDACIÓNS DA BIBLIOTECA